Skip to Content

Monthly archive

I Carreira Nadal Tomiño 2018

I Carreira de Nadal de Tomiño 2018.

O vindeiro domingo 23 de decembro de 2018, terá lugar en Tomiño, con saída na Rúa Daniel Calzado, en horario de 11:00h-12:00h, a I Carreira de Nadal do Concello de Tomiño 2018, organizado polo Concello de Tomiño e o atletismo Trega. Animádevos a participar.

 

Torneo de Nadal de Bádminton

III Torneo de Nadal de Bádminton.

O vindeiro venres 21 de decembro de 2018, terá lugar no Pavillón do Ies San Paio de Tui, en horario de 16:00h-21:00h, o III Torneo de Nadal de Bádminton, organizado polo Club Bádminton Tui en colaboración co Excmo Concello de Tui. Animádevos a participar.

DEPORTE ESCOLAR. Volei Curso 18-19

DEPORTE ESCOLAR.

Volei Curso 18-19

Hoxe Mércores día 19 de ecembro,  terá  lugar a 2º e última xornada da competición escolar de volei. O horario será de 17:00h-19:00h. O autobús sairá ás 16:15h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:30h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os/as  nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:30h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

COMEZAMOS!

Benvidos/as ao blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui.

Comezamos esta nova andaina polos camiños da nosa lingua cheos de ilusión e con moitísimas ganas de facer cousas.

Traballaremos en equipo e intentaremos deixar as nosas pegadas a través da realización de diferentes actividades relacionadas co noso idioma, coa nosa lingua e coas nosas raíces. Un equipo de xente concienciada e formada, aberta sempre a calquera suxestión e comprometida, en todo momento, coa idea de facer que os nosos rapaces se sintan protagonistas da súa propia aprendizaxe.

 

Fernando, Marita, Mª José, Montse, María Díaz e María Carrete. Equipo de DLG. Curso 2018 – 2019.

Dinamización Intercentros

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Sobrada

Curso 18-19

luns  día 17 de decembro de 2018

 O vindeiro luns día 17  de decembro de 2018 terá lugar no pavillón vello de Tui, a 2ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Sobrada. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 3ºA, 5ºA. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

APRÁZASE A XORNADA DE VOLEI

DEPORTE ESCOLAR.

APRÁZASE A XORNADA DE VOLEI

Curso 18-19

O vindeiro Mércores día 12 de ecembro,  ía ter lugar a 2º e última xornada da competición escolar de volei. Esta xornada APRAZASE para o vindeiro Mércores día 19 de decembro, sentimos as molestias que isto lles poida causar. O horario será de 17:00h-19:00h. O autobús sairá ás 16:15h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:30h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os/as  nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:30h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

Enquisa sobre hábitos de vida saudables

Enquisa sobre Hábitos de Vida Saudables.

Dende o proxecto Erasmus+ do Ceip Nº2 de Tui "Promovendo un estilo de vida saudable e feliz", solicitamos a vosa colaboración anónima como mestres, alumn@s e pais/nais do  alumnado do centro. Convidámosvos a que cubrades a seguinte enquisa de xeito anónimo, sempre respetando a veracidade das respostas. Cantos máis cubramos a enquisa máis reais serán os resultados da actividade física que temos nas  escolas Erasmus+ que formamos o proxecto. Grazas por adicar ao proxecto Erasmus+ un anaquiño do voso tempo e reflexionar sobre a importancia que ten a actividade física nas vosas vidas. Preme nas letras que teis a continuación para cubrir a enquisa.

Enquisa en Español Enquisa en Inglés
 

Tamén podedes cubrir a enquisa facendo uso do código QR da mesma.

BENVIDAS E BENVIDOS

Benvid@s ao curso 18-19 Erasmus+

Calendario de Bádminton temporada 18-19

Calendario de Bádminton temporada 18-19.

Aquí vos deixamos o calendario de Bádminton para este curso da competición de Bádminton. Esta competeción terá lugar no 2º Trimestre para o alumnado de 3º a 6º.

Xornada- Data

Zona –Categoría-Lugar

Centros

1ª Xornada

22 Xaneiro 19

 

Zona Baixo Miño

Categoría Alevín/Cadete

En Randufe

Xornada de Concentración

 pola  tarde.

Ceip Sobrada

Ceip Nº2 Tui

Ceip Nº1 Tui

Ceip Randufe

Club Bádminton Tui

1ª Xornada

29 Xaneiro 19

 

Zona Baixo Miño

Categoría Benxamín/Infantil

En Randufe

Xornada de Concentración

 pola  tarde.

Ceip Sobrada

Ceip Nº2 Tui

Ceip Nº1 Tui

Ceip Randufe

Club Bádminton Tui

2ª Xornada

5 Febreiro 19

Zona Baixo Miño

Categoría Alevín/ Infantil

En Randufe

Xornada de Concentración

 pola  tarde.

Ceip Sobrada

Ceip Nº2 Tui

Ceip Nº1 Tui

Ceip Randufe

Club Bádminton Tui

2ª Xornada

12 Febreiro 19

Zona Baixo Miño

Categoría Benxamín/Infantil

En Randufe

Xornada de Concentración

 pola  tarde.

Ceip Sobrada

Ceip Nº2 Tui

Ceip Nº1 Tui

Ceip Randufe

Club Bádminton Tui

3ª Xornada

20 Febreiro 19

Finais da zona do Baixo Miño en tódalas Categorías: Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete Masculino e Femenina. En Tomiño. Xornada de Concentración pola  tarde.

Calendario de Tenis de Mesa temporada 18-19.

Calendario da Competición Escolar 

de Tenis de Mesa 

Curso 18-19

Xa temos a vosa disposición o calendario da Competición de Volei Escolar para este curso 18-19. Como comprobaredes no calendario serán tres mércores consecutivos os días 20 e 27 de Marzo e 3 Abril, en horario de 16:00h a 19.00h no Pavillón do Ceip de Sobrada. Nesta competición animamos a participar a todo o alumnado de 3º a 6º.

Xornada- Data

Zona –Categoría-Lugar

Centros

1ª Xornada

20 Marzo 19

Zona Baixo Miño

Categoría Ben, Alevín, Inf

En Sobrada

Xornada de Concentración

 pola  tarde.

EDM Salceda

Ceip Nº2 Tui

Ceip Nº1 Tui

Ceip Randufe

Ceip Sobrada

Ceip Pedro Caselles

Ceip Barrantes

Ceip Goián

Ceip Pazos de Reis

Ceip Tebra

Anpa Ceip Pintor Antonio Fdez  Goián

2ª Xornada

27 Marzo 19

 

Zona Baixo Miño

Categoría Ben, Alevín, Inf

En Sobrada

Xornada de Concentración

 pola  tarde.

Finais

3 Abril 19

Finais en Sobrada

Xornada de Concentración

 pola  tarde.



by Dr. Radut