Skip to Content

Monthly archive

XORNADA DE XOGOS POPULARES E BAIXADA DE CARRILANAS

XORNADA DE XOGOS POPULARES E BAIXADA DE CARRILANAS

Coa chegada do Outono....xa cheiran as castañas...e con elas as carrilanas e os xogos!!!!

Este ano debido a choiva tivemos que facer estas actividades en días diferentes, pero non por iso foron menos divertidas

O pasado 27 de outubro fixemos o magosto e tamén un clásico xa na nosa escola: A BAIXADA DE CARRILANAS.

Só podemos agradecer a gran implicación de moitas familias que axudaron aos seus fillos/as a fabricala. O esforzo vale a pena... e senón mirade a cara de felicidade dos rapaces ese día.

Tivemos que deixar, por culpa do tempo, os Xogos Populares para outro día...

O luns 9 de Novembro estivo un día moi soleado...así que... alá nos imos a xogar!!!!!!!.

Aquí temos unhas cantas fotos dos xogos:

dsafsa

dfsafsa

O Equipo Alevín do Tyde F.C. Xoga o V encontro da Temporada 15-16.

O Equipo Alevín A do Tyde  F.C. xoga o V encontro da Temporada 15-16.

O equipo Alevín do Tyde F.C., xogou o V encontro da Temporada o pasado fin de semana, 15 de Novembro de 2015 a temporada 15-16.

Este ano o equipo xogará na categoría 2ª División Alevín Vigo, no Grupo 57. Na III xornada de liga o encontro foi: 
  Tyde A F.C.- Pontellas F.C Resultado 2-0.

Con este resultado, os equipo tudense segue con moi pé na liga, neste equipo xogan varios alumnos do Ceip Número 2 de Tui. Os nosos parabéns.

 

O Equipo Alevín B do Tyde F.C. xoga o V encontro da Temporada 15-16.

O Equipo Alevín B do Tyde  F.C. xoga o V encontro da Temporada 15-16.

O equipo Alevín do Tyde F.C., xogou o V encontro da Temporada o pasado fin de semana, 15 de Novembro de 2015 a temporada 15-16.

Este ano o equipo xogará na categoría 2ª División Alevín Vigo, no Grupo 57. Na III xornada de liga o encontro foi: 
  Celta-Tyde B F.C.Resultado 3-4.

Con este resultado, os equipo tudense segue con moi pé na liga, neste equipo xogan varios alumnos do Ceip Número 2 de Tui. Os nosos parabéns.

O CLUBE BALONMÁN TUI GAÑA AO LALÍN

O Equipo Alevín A do Clube Balonmán Tui, xogou a a fin de semana do 15 de Novembro de 2015, o seu segundo encotro de liga. O partido foi C.B. Tui- Lalin, con resultado favorable para o equipo tudense de 5-3/3-3/4-5/8-2. Neste equipo xogan Diego Rodríguez de 6ºC

Noraboa por este gran comezo de liga. 

RESULTADOS DO CROSS ZONAL DA MACOCA

RESULTADOS DO CROSS ZONAL DA MACOCA

Xa temos os resultados do Cross que se levou a cabo o sábado 21 de Novembro no campo da Macoca.

Podedes consultar as distintas clasificacións neste enlace de agrudebam.

http://www.agrudebam.es/21.html

Contarvos que contamos con dúas axudantes excepcionais: Marta e Carla de 6ºB

 

 

Contamos que na edición de Faro de Vigo, na sección Campeóns do Mércores 25 de Novembro, se publicou un especial da nosa proba de Campo a Través, na que  saen todos os participantes do noso colexio.

A Quinta Futsal alevín comeza os seus partidos de Liga

O Equipo Alevín  do Clube a Quinta Futsal de Tui, xogou  a fin de semana do 15 de Novembro de 2015, o seu  encotro de liga. O resultado do partido foi:

A Quinta Futsal-Gondomar Futbol-sala.  0-5

Neste equipo xogan Santi, Lucas, Alex, Beltrán...do terceiro ciclo... 

Ainda que o resultado non foi moi favorable, imos a darlle moitos ánimos para que nas vindeiras xornadas o resultados ao seu favor vaian chegando.

JAVIER FERNÁNDEZ CAMPIÓN DO MUNDO DE PATINAXE

Javier Fernández Campión do Mundo de Patinaxe.

O patinador español Javier Fernández, campeón mundial e europeo, impúxose este Sábado na Copa Rostelecom de Moscú ao completar a presentación do programa libre con un total de 271,43 puntos.

A nosa noraboa a este gran campión!!!!!!!!

Aquí vos deixamos un enlace onde podedes saber máis de esta noticia.

http://www.elmundo.es/deportes/2015/11/21/565089ee268e3ece218b4587.html

 

 

O Equipo Alevín do C.B. Tui xoga a liga de Baloncesto

O Equipo Alevín do C.B. Tui xoga a liga de Baloncesto.

O equipo Alevín, do Club Baloncesto Tui, está a xogar a liga regular de baloncesto. Neste equipo xogan Laura C, Adriana, Sara e Marta, do noso cole.

O pasado fin de semana do 15 de Nov, xogaron co equipo do Celta. O resultado non acompañou as xogadoras tudenses, que a ben seguro xogaron de maravilla.

Celta-C.B.Tui. 65-14.

A seguir xogando con ilusión e facendo baloncesto coma a vós vos gusta.

 

A Quinta Futsal alevín xoga os seus partidos de Liga

 

O Equipo Alevín  do Clube a Quinta Futsal de Tui, xogou o pasádo Martes 17 de Novembro de 2015, un novo encotro de liga. O resultado do partido foi:

Amor de Dios de Vigo-A Quinta Futsal.  3-4

Neste equipo xogan Santi, Lucas, Alex, Beltrán...do terceiro ciclo... 

Noraboa boa por este gran resultado.



by Dr. Radut