Skip to Content

Monthly archive

VEN FACER ATLETISMO CON NÓS!!!!!

VEN A FACER ATLETISMO CON NÓS!!!!!

Dende o clube Atletismo Tui, facémosvos chegar unha invitación para que vaiades  probar o atletismo.

Se queres inscribirte: preme aquí

 

 

ATRÉVETE CO JUDO!!!!

ATRÉVETE CO JUDO!!!!!

Ao noso colexio acudiron os mestres de Judo, David e Paco que nos viñeron a facer unha exhibición de Judo... e tamén a animarnos a facer nós ese deporte.

Mirade nas fotos que divertido é:

Se queredes ter máis información sobre o tema, premede aquí

E se queres inscribirte terías que velo neste enlace

TORNEO EUROCIDADE DE FÚTBOL

TORNEO EUROCIDADE DE FÚTBOL

O pasado 19 e 20 de Setembro, como xa informáramos neste Blog, celebrouse o Torneo Eurocidade de Fútbol 7 con sede en Valença e en Tui.

O campionato comezou o sábado no campo do Valenciano coa presenza de moitos equipos dunha banda e doutra do río.

Moitos dos xogadores eran alumnos do centro que xogan nos equipos da comarca.

Aquí vos deixamos unhas poucas de fotos.

COÑECE O PARQUE AVENTURA DE MARÍN

COÑECES O PARQUE AVENTURA DE MARÍN???

     Débora de 5ºA, invitanos a disfrutar do Parque Aventura de Marín. Este verán 2015, Débora, xunto ao seu irmá Raúl, disfrutaron de un día de aventura, coa súa familia, neste magnífico parque. Aproveitaron para disfrutar, das tirolinas, das pontes colgantes, da escalada, montaron a cabalo e moitas máis cousas. Se tedes oportunidade, non deixedes de visitalo!!.

ANDAINA EN MALVAS

ANDAINA POLOS MUIÑOS DE MALVAS

    A Banda de Gaita Arume de Malvas, organiza o vindeiro 10 de Outubro de 2015, a AndaIna polos Muiños do Río Furnia en Malvas.

Unha excelente oportunidade para facer deporte en familia.

Animádevos a disfrutar de este maravilloso entorno natural !!!!!!

SELECCION BALONMÁN FEMENINA

Partido da Selección Española Feminina de Balonmán

España –Austria

en Santiago de Compostela

 

O vindeiro Mércores, día 7 de Outubro a Selección Feminina de Balonmán xogará en Santiago de Compostela o seu partido contra a Selección de Austria. Este partido pertence a fase de Clasificación para o Campeonato de Europa 2016.

España xogará contra Austria, no pavillón Multiusos Fonte do Sar, ás 22.45h e as entradas para o partido terán un custo de 5 euros.

O partido tamén será televisado por teledeporte. Animádevos a disfrutar coas Guerreiras e a súa clasificación.

 

CORRENDO CON 105 ANOS

Atleta de 105 Anos recorre 100m en 42"

 

O Atleta Xaponés Hidekichi Miyazaki celebrou o seu 105 aniversario correndo 100 m lisos en 42,22 segundos, convertíndose no novo récord mundial de esta categoría e idade.

Hidekichi comezou a correr cando cumpliu 90 anos de idade, leva unha década e media facendo running. Na actualidade entrena 3 ou 4 veces por semana nos parques da ciudade de Kyoto onde corre cargando unha mochila con un peso de un kilo.

Esta información foi facilitada polos alumnos/as de 5ºC.

BAIXADA TREPIDANTE

Descenso Trepidante de Primož Ravnik en Bicicleta.

O ciclista Primoz Ravnik realizou un descenso trepidante coa súa bicicleta, pola parede dunha represa en Eslovenia, nun descenso vertixinoso e a toda velocidade.

Quedou en segundo lugar na clasificación do concurso, que organizou o fabricante de Cámaras GoPro. Aquí vos deixamos o enlace as imáxes deste acontecemento:

http://www.laregion.es/video/deportes/gopro-primoz-ravnik-damp-8-28-15-bike/20150917184523569149.html

Gracias a Carlos Táboas de 5ºC, que nos achegou a información de esta noticia.

Xornada de Formación

Sería moi interesante que asistirades todos os que poidades á formación  sobre a páx. Web que se dará o vindeiro martes 27 ás 18 horas na sala de informática.



by Dr. Radut