Skip to Content

Decembro 2023

CLUB DE CIENCIAS

CLUB DE CIENCIAS

ELABORACIÓN DE ACEITES BIO

E gracias aos coñecementos de César e as nosas investigacións fixemos os nosos propios aceites naturais sen químicos.

Elaboramos aceite de menta, de lavanda, eucalipto, laranxa e loureiro.

Agora tóca esperar unhas semanas para poder probalos e cheiralos.

Estamos moi ilusionados!!

 

 

 

 

 

 

CLUB DE CIENCIAS

CLUB DE CIENCIAS

VISITA DE CÉSAR "ACEITES ESENCIAIS"

No club de ciencias tivemos  unha visita moi especial. O papá de Izan deunos unha charla práctica moi interesante sobre aceites e esencias.

Contounos todos os segredos para elaborar uns bos aceites naturais e explicounos as propiedades e usos de cada un deles.

Aprendemos moito sobre o aceite de romeu, eucalipto, laranxa, menta, lavanda e loureiro, entre outros.

Agora xa estamos listos para elaboralos nós mesmos.

Moitas grazas César polo teu tempo e os teus coñecementos. 

 

 

Formación

Formación en Primeiros Auxilios para o alumnado.

Diver-xente: ods 3 Saúde e Benestar,  ods 4 Educación de calidade, od5 Igualdade de xénero. Formación en Primeiros Auxilios para o alumnado de 3º, 4°,5º e 6°. 18 e 19 de decembro 2023.

Da man da doutora Noelia Gómez Corbillón e María Auxiliadora Oubiña e da Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Tui, o noso alumnado tomou conciencia da importancia dos Primeiros Auxilios como elemento fundamental para a vida. O CEIP N°2 quere poñer en valor a estes profesionais que co seu tempo de hoxe, formaron a 100 alumnos e alumnas en sorporte básico. Grazas.

Deporte na Escola

Campeonato Provincial de Campo a Través en Zamáns Vigo.

16/12/23

Hoxe sábado 16 de decembro de 2023, tivo lugar o campionato provincial de campo a través, no que participaron varios alumnos do CEIP N°2 de Tui, nas categorías alevín e benxamín masculina e feminina. Gran traballo dos nosos atletas, dos demais participantes e da organización. Noraboa.

 

As nosas felicitacións para os participantes clasificados para o campeonato Galego de Campo a Través que terá lugar en xaneiro de 2024 en Ribadavia Ourense e onde o noso cole terá representación.

Deporte na Escola

O equipo de voluntarios do Deporte no 2 na gala do deporte tudense.

5-12-23

O pasado venres dia 1 de decembro tivo lugar no teatro municipal, a Gala do deporte tudense, para recoñecer o traballo e o esforzo dos deportistas tudenses, moitos deles antigos alumnos do colexio. O equipo de voluntarios do Deporte no 2 colaborou na gala, na entrega de agasallos ás autoridades, con moita ilusión .

 

Moitísimas grazas ao Concello de Tui por contar con nos.

Deporte na Escola

 

A Milla

Decembro 2023

ODS 1 e 2

  Biodiversidade

O Castiñeiro en Galicia.

Durante o mes de novembro de 2023, o alumnado do CEIP Nº2 de Tui seguiu a realizar moitas millas durante os recreos. As millas realizadas rexístranse nos papeis de aula, que Bit a mascota da biblioteca, lles fai chegar a principio de cada mes. No panel central Bit leva contas das millas que fai cada clase. As millas axúdannos a mellorar os nosos hábitos de vida sa e saudable a diario.

Dende o equipo de Voz Natura e Deporte Escolar sumámonos a este desafío, cada clase recibe de agasallo, unha medalla cos ODS traballados durante ese mes feita coa madeira de castiñeiro. 

O obxectivo é sumar moitas millas cada mes, para avanzar no coñecemento dos ODS: Obxectivos de desenvolvemento sostible. Axenda 2030 dentro do proxecto Diver-Xente que este ano o centro está a realizar. Durante o mes de novembro coñecemos o ODS 1: Fin da Pobreza e ODS 2: Fame 0.

 

A madeira ten un significado especial porque representa a súa unión e vinculación con cada ODS mensual, así como a variedade de árboles senlleiras de Galicia, moitas delas autóctonas e outras chegadas de outras latitudes. Ao mesmo tempo, o alumnado recibe una carta explicativa coas características de cada especie e os seus usos, convidóndoos a investigar sobre cada unha. Unha excelente maneira de coñecer a biodiversidade da zona, xunto as rutas de sendeirismo e baños de natureza que nos proporciona o Concello de Tui e o Río Miño.

Este mes tocou coñecer o castiñeiro no Baixo Miño. Os castiñeros teñen gran valor madeireiro e alimenticio.

            Sabías que a  súa madeira é moi valorada na fabricación de mobles, entarimados para o chan, instrumentos musicais, etc...

            As castañas son a froita dos castiñeiros, durante a Idade Media debido a escaseza de alimentos coma os cereais, usábanse como fonte principal de carbohidratos, para acompañar a carne, o peixe,etc... 

Utilizouse tradicionalmente como fonte de enerxética para a población en xeral, pero perdeu o seu lugar de importancia na dieta cando chegou a pataca das Américas. Os soutos galegos  colaboraban, por aquel entón co ODS 1 Fin da pobreza e co ODS 2 Fame 0.

Hoxe en día seguen a comerse no outono, cocidas, asadas, en empanada e a súa fariña é moi valorada na repostería, etc.. Investigade vos.

Bit convídalles a seguir facendo millas durante todo o mes de decembro, onde se fomente a vida sa e saudable, con boa alimentación e descubrindo novos ODS.



by Dr. Radut