PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O NADAL.
O Nadal é unha boa época no ano, para practicar deporte en familia, e levar a cabo actividades lúdicas, onde @s nen@s e as súas familias pasen tempo xuntos. Este Nadal, deixámosvos proposta interesantes para facer en familia. É importante, que vos informedes da situación, horarios, etc... antes de desprazarvos ata estes fantásticos lugares.
Aquí vos imos deixar, varias propostas, por si son do voso interese, e entran dentro dos vosos plans para ás vacacións de Nadal.
En Galicia:
Nadal en Tui é unha das posibilidades máis próximas que temos, para gozar do nadal.
Nadal en Vigo é unha das principais fontes de ocio durante as festas con atraccións, circo de Nadal, exposicións Living Dinosaurs, pista de xeo...
Nadal en Lalín inaugura os sete poboados temáticos como reclamo turístico e un dos principais atractivos para as familias.
Nadal en Marín, continúa enchendo a localidade de actividades para toda a familia: Talleres, xogos, atraccións,concertos...
Nadal en Allariz. Allariz celebra o Nadal, dende o 18 de decembro ao 9 de xaneiro, cunha programación chea de actividades para todos os públicos. As actividades irán dende cinema, actividades infantís, concertos, obras de teatro e actividades deportivas farán que os asistentes as mesmas gocen deste Nadal 2021.
Espectáculos, concertos e actividades infantís en Galicia no Nadal 2021. Aquí vos deixamos o enlace a moitos espectáculos, concertos, teatros... dos que podedes gozar.
Manzaneda Nadal de neve.
En Portugal:
PERLIM: PARQUE TEMÁTICO DE NADAl EN PORTUGAL.
Cabeça . Serra da Estrela
Cabeça na serra de Açor e unha Aldea de Nadal, na serra da Estrela, sendo a primeira aldea de Nadal eco-sostible do país. As comunidades locais empeñáronse no desenvolvemento da decoración de nadal usando elementos naturais, excedentes forestais e agrícolas, así como lá da serra da estrela.
Óbidos Natal.
Lisboa. Wonderland Lisboa a máxia do nadal.
Aproveitade para camiñar, andar en bicicleta, en patinete... e visitar todos eses espazos naturais que o Nadal vos regale visitar. Esperamos as vosas fotos e recomendacións. Bo Nadal!.