Skip to Content

Marzo 2019

Iniciación ao Mindfulness Formación para o profesorado Promovendo un estilo de vida san e saudable. Martes 26-03-19

Iniciación ao Mindfulness.

Formación para o profesorado.

"Promovendo un estilo de vida san e saudable!"

Martes 26-03-19

O pasado martes 26 de marzo de 2019, o profesorado do centro tivo a oportunidade de desfrutar con Pilar Durán Otero, mestra de Educación Primaria no C.E.I.P Guillarei e monitora de Mindfulness, dunha xornada de iniciación a un estilo de vida san e feliz, tan como indica o proxecto Erasmus+ que estamos a levar a cabo no centro.

Nesta formación explicounos en que consiste o Mindfulness, incidiu na importancia de incorporalo á vida do centro educativo, e os beneficios que orixina a súa práctica no día a día nas nosas vidas.

A relaxación, a tranquilidade, aprender a coñecernos mellor, recoñecer o noso estado de ánimo, as nosas emocións e saber xestionalas, son fundamentais para @s nen@s e para nós mesmos, nesta sociedade actual, tan innovadora, diversa, tecnolóxica... pero moitas veces estresante.

 

   
   

Experimentamos Mindfulnes na aula; aquí vós deixamos algunhas fotos de canto desfrutaron os nenos e as nenas e se implicaron na actividade.

 

Tenis de Mesa 18-19.

Tenis de Mesa 18-19.

Pavillón Ceip Sobrada Tomiño.

27 de marzo de 2019

O vindeiro mércores día 27 de marzo vai ter lugar a 1ª Xornada da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:45h, da presente Campaña Deportiva 18-19 no Pavillón de Sobrada. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 16:00h e a volta será a carón das 20:00h; pasará polas paradas de Rafi, Rotonda e Areas. Todos os/as participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio, se  tiveran, e chándal do mesmo. Os nenos e as nenas que vaian a Sobrada directamente terán que estar alí ás 16:15h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Traballiños do Entroido 19

Traballiños do Entroido 19

Durante a semana do 25  ao 28 de febreiro comezamos a desfrutar do Entroido. Así que nas clases traballaron a reo para preparar as comparsas, disfraces e complementos para a festa do venres.

Lúa Meco do Entroido 19

Lúa, Meco do Entroido 2019

Durante a semana do 25  ao 28 de febreiro comezamos a desfrutar do Entroido co Meco. Lúa, transformada un curso máis en meco, foinos deixando cada día unha orde para que viñeramos con algunha cousiña que día a día se tiña que ir sumando ata converterse nun disfrace deportivo. Aquí vos deixamos as ordes e algunha mostra do ben que o pasamos. Grazas Lúa por converternos nuns deportistas de excepción.

 

 

 

Seguimos o Deporte. Angel José de 4ºB Campeón Junior do Torneo Noche e Día

Seguimos o Deporte

Angel José, de 4ºB, Campeón Junior do Torneo Noite e Día

 

O alumno Angel José de 4ºB, ven de proclamarse Campeón Junior no Torneo Noite e Día, celebrado o día 9 de Marzo de 2019. Angel José, moi afeccionado ao deporte de Tiro, foi campeón nas categorías de pistola con boliñas e tiro con carabina. Noraboa polos teus grandes éxitos e por compartilos con nós.

 

 

 

Xornada de Atletismo en pista.

DEPORTE ESCOLAR.

Xornada de Atletismo en pista.

A Macoca ( Pazos de Reis)

Curso 18-19

Venres día 22 de Marzo de 2019

O pasado venres día 22 de Marzo de 2019 tivo lugar nas instalación de A Macoca a xornada de Atletismo en pista que se levou a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente e os cursos participantes foron 5ºA, 5ºB e 5ºC.

Na xornada tiveron lugar probas de atletismo diversas: lanzamento de vortex, lanzamento de peso, salto de lonxitude, 60m lisos, 500m lisos e 4x60m relevos. Unha xornada onde todos os participantes disfrutaron moito das probas.

Noraboa aos participantes e aos gañadores.

 

Tenis de Mesa 18-19.

Tenis de Mesa 18-19.

    Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

                27 de Marzo, 3 e 10 de Abril de 2019

            Os vindeiros mércores 27 de Marzo, 3 e 10 de Abril vai ter lugar a competición  escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente Campaña Deportiva no Pavillón do Ceip de Sobrada. Ditas xornadas están destinadas os/as nenos/as de 3º, 4º, 5º a 6º que queiran participar. A data límite de inscripción remata o vindeiro luns 25 de Abril de 2019.

Aquí vos deixamos a folla de inscripción por se fose do voso interese. Animádevos a participar.

O Porriño 10K 2019

O Porriño 10K 2019

O pasado domingo 17 de marzo, tivo lugar en Porriño a Carreira Popular O Porriño 10K. Nesta proba participaron Elena e Humberto Rey Martínez de 5ºA e 1ºB, xa que son membros do Club Atletismo Porriño. Noraboa e a seguir participando en vindeiras probas e colleitando tan bos resultados como ata o de agora.

Información facilitada pola súa familia. Moitas grazas.

 

DEPORTE ESCOLAR. Xornada de Atletismo en pista

DEPORTE ESCOLAR.

Xornada de Atletismo en pista.

A Macoca ( Pazos de Reis)

Curso 18-19

Venres día 22 de Marzo de 2019

O vindeiro venres día 22 de Marzo de 2019 terá lugar nas instalación de A Macoca a xornada de Atletismo en pista que se levará a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente e os cursos participantes serán 5ºA, 5ºB e 5ºC.

Os/as nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chándal ( o do cole se o tiveran), equipación do mesmo, gorra, mochila de Educación Física e merenda.

 

Deporte en Familia Nico de 5ºB en Castro Laboreiro na Peneda Geres en Portugal. 9-10 de febrero 2019.

Deporte en Familia

Nico de 5ºB en Castro Laboreiro

no Parque Nacional da Peneda-Gerês, en Portugal.

9-10 de febrero 2019.

O pasado fin de semana, o 9 e 10 de febrero, Nico de 5ºB tivo a oportunidade de desfrutar duns días coa familia en Castro Laboreiro, no Parque Nacional da Peneda- Gerês en Portugal.

Unha viaxe fantástica no que Nico se converteu no noso reporteiro deportivo e fixo unhas fotos estupendas, que vós mesmos podedes valorar. Nico invítavos a desfrutar coas vosas familias deste lugar con encanto que está a poucos kilómetros de Tui.

Moitas grazas Nico, gran traballo.

 

 

 

 

V Gala do Deporte de Tomiño: 9 de marzo de 2019

 V Gala do Deporte de Tomiño

9 de marzo de 2019

 A V Edición da Gala do Deporte celebrarase no Auditorio de Goián co obxectivo de premiar ás e aos deportistas tomiñeses destacados neste último ano.

Durante o evento entregáronse diferentes galardóns, como o de mellor deportista feminina e masculino, mellor evento deportivo e deportista con maior proxección, entre outros. Moitos de estes premiados foron antigos alumn@s das escolas de Tomiño que forman parte da Agrupación Deportiva de Deporte Base Baixo Miño. Noraboa a tod@s eles e ao Concello de Tomiño, por ter sempre presente a importancia do deporte para unha vida sá e saudable.

Patio de Lúa Infantil.

Patio de Lúa Infantil.

Cada xoves Lúa saca ao patio os seus xogos favoritos: a comba, o risco, o twister, etc…

@s nen@s de Educación Infantil coa axuda de alumn@s de sexto aprenden e desfrutan destes xogos no seu tempo de lecer.

 

Patinaxe en Tui.

Patinaxe en Tui.

@s alumn@s de 4ºB, no mes de febrero de 2019, quixeron compartir con nós, a súa afección e paixón polo patinaxe. Todos eles forman parte das escolas deportivas de patinaxe do Concello de Tui ou do Club Ribex Tui. Carmen, Inés, Dani, Alejandra e Agar trouxeron á escola os seus patíns e a vestimenta que usan para patinar. Moitas grazas, gustounos moito todo o que nos ensinástedes.

Deporte en Tui. Club Balonmán Tui

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui comezou a segunda rolda da  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 9 de Marzo de 2019, os nosos deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo da S.A.R. Neste equipo xogan e desfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: S.A.R-C.B.Tui : 7-8/6-6/7-6/4-6

 Moi bo partido, onde o equipo de Tui foi superior e gañou. 

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA. Grazas.

Un partido polo planeta. Sogama.

 

Un partido polo planeta

Sogama.

Do 25 de febreiro ao 1 de marzo, o alumnado de Primaria tivemos no colexio o Xogo “Un partido polo Planeta” de Sogama. Con el tivemos a oportunidade de aprender cousas interesantes sobre a reciclaxe. Xogamos, fixemos probas e sobre todo divertímonos co compromiso, que nos marcaba o manifesto, de "reciclar na escola, na casa e na nosa vida", para ter un planeta máis limpo e mellor no futuro.

 

 

 

Natación

Deporte en Tui. Natación

Carlos, de 5ºC, quixo compartir con nós a súa experiencia en natación, un deporte que practica con moitos amigos na piscina de Portugal. Explicounos os estilos de natación que aprendeu: kroll, braza, espalda, mariposa; tamén, coma son os campionatos e os tipos de "golfiños" que poden acadar.

 

Moitas grazas, Carlos.

ENTROIDO 19

ENTROIDO 19

 Este curso o DEPORTE, un dos pilares fundamentais para poder levar unha vida feliz e saudable, foi o protagonista do Entroido.Polo escenario que montamos no patio do colexio pasaron xogadores de polo, submarinistas, pilotos de Fórmula 1, levantadores de pesas, xogadores de birlos, surfistas, xinetes, árbitros de fútbol e practicantes de "parkour".Tódolos grupos prepararon unha actuación para o resto do alumnado e  para as familias que nos quixeron acompañar.Logo houbo unha "cuchipanda" con produtos propios desta época (filloas, orellas, flores, chulas...) e música e baile para rematar a festa

Gala do Deporte Tui

Gala do Deporte en Tui

22 de Febreiro de 2019.

O pasado sábado 22 de febreiro de 2019 tivo lugar no Área Panorámica de Tui a Gala do Deporte 2018, que recoñeceu a labor de deportistas, adestradores, clubs, entidades que están compromotidas co deporte tudense. Asistimos do noso centro as profesoras do equipo de "Deporte no 2": Patri, Sara, Lorena, Susi e Bea. Un evento no que desfrutamos da boa saúde que ten o deporte en Tui. Moitas felicidades aos galardoados/as e os mellores desexos para os/as deportistas tudenses.

Chuchipanda Entroido 19.

 

 

"Chuchipanda" do Entroido 2019.

O venres día 1 de marzo, tivemos unha xornada intensa de Entroido, con desfile, baile e para rematar fixemos unha "cuchipanda" saudable, que estaba riquísima. Tivemos cousiñas típicas do Entroido de Galicia, aportadas polas familias: orellas, filloas, flores, rosquillas, chulas, magdalenas…

   

 

 

 

A Milla de Lúa Erasmus+.

A Milla de Lúa Erasmus+.

Vimos de rematar o reconto do mes de febreiro e varias clases xa chegaron a Torrevieja. Este mes estreamos circuíto novo, xa que Lúa  arranxouno e a ver se entre todos facemos o posible para que non se volva a estragar. Moitas grazas a tod@s nen@s que seguides facendo a milla de forma responsable, sumando millas para a vosa clase e desfrutando dun estilo de vida saudable e feliz.

Deporte en Tui. Club Balonmán Tui

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui comezou a segunda rolda da  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 2 de marzo de 2019, os/as nosos/as deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo de Vilagarcia. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: C.B.Tui -Vilagarcia: 4-5/5-4/2-7/8-2

Moi bo partido, onde o resultado foi de empate. 

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA. Grazas.

 
 



by Dr. Radut