Skip to Content

Decembro 2015

Deporte en Familia. Perlim Oporto

Perlim (Oporto)

Unha Quinta de Sonhos

Un parque de ocio de Nadal

Pelim é unha Quinta de Sonhos, un parque de ocio de Nadal, que temos moi pertiño de Tui, atópase en Oporto, para o que os máis pequenos disfrute, xoguen e vivan a máxia do nadal...

Aquí atoparedes máis información: http://www.perlim.pt/

Deporte en Familia. Circo do Sol

Deporte en Familia

Circo do Sol

Coruña

 22-28 de Decembro 2015

Un bosque fascinante habitado por maravillosas criaturas encantadas.

FUNCIONS Do 22 DE Decembro Ao 28 Decembro DE 2015

 

Atoparedes máis información en : https://www.cirquedusoleil.com/es-ES/shows/varekai/tickets/a-coruna.aspx

O Musical do Rei da Sabana o León en Vigo

O Rei da Sabana O  León

Musical

Auditorio Mar de Vigo

Luns 28 e Martes 29 de Decembro de 2015

Os vindeiros días 28 e 29 de Decebro, estará no auditorio Mar de Vigo o Musical O Rei da Sabana O León... Deixámosvos información por si vos apetece disfrutar de este evento en familia... 

Aquí podedes atopar máis información.

 

Deporte en Familia Nadal sobre Xeo

Deporte en Familia

Rampa de Xeo e patinaxe en Samil 

Vigo

Propoñemos para disfrutar deporte en familia, a opción que nos brinda o Concello de Vigo. Como ven sendo tradición nestas datas os apaixoados dos deportes de inverno, poderán disfrutar na zona da Praia de Samil da pista de xeo, e da escepcional rampa de Xeo.

Precio Rampa de Xeo: 4 euros.

Precio pista de Xeo: 6 euros

Horario: Xa está instalada e permanecerá aberta ata o vindeiro 18 de Xaneiro. De Luns a Venres de 10:00h a 22:00h. 

Os menores de 8 anos deberán ir acompañados de un adulto, recoméndase levar roupa de abrigo e guantes..

 

Para ampliar esta información pincha aquí.

Deporte en Familia Nadal sobre Xeo

Deporte en Familia

Nadal sobre Xeo

Vila Praia de Áncora ( Portugal)

 A Vila Portuguesa de Vila Praia de Áncora, vai ter durante estas Vacacións de Nadal, instalada a única pista de xeo naturaldo norte de Portugal.

A pista Ancla On Ice xa está instalada e permanecerá aberta ata o vindeiro día 10 de Xaneiro, que está situada no Parque Doctor Ramos Pereira, en Vila Praia de Áncora. A pista conta con 200m cuadrados para esquiar e conta con monitores.

Horario: De Luns a Xoves de 10:00h a 20:00h ( Horario de Portugal).

Precio: 3 Euros para un período de  30 minutos..

Idade: A partir de 4 anos de Idade.

Para os menores de 4 anos, haberá inchables e estará Instalada a Casiña de Papá Noel. Caminha contará con outras actividades de interese coma: Paseo de Papa Noel en bicicleta....

Podedes atopar máis información no seguinte enlace:

 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/tui/2015/12/03/navidad-sobre-hielo-veinte-kilometros-tui/00031449135891546753546.htm

Festival de Nadal de Patinaxe en Tui

Festival de Nadal de Patinaxe en Tui

O Club de Patinaxe Artístico Ribex, en colaboración co Concello de Tui, organizará este domingo, 20 de decembro, ás 18h no novo pavillón deportivo municipal de Tui o Festival de Nadal de Patinaxe.No que participarán moitos alumn@s do noso centro 

 

Neste festival realizarán exhibicións os grupos de competición do club e das escolas deportivas de patinaxe, así como outros participantes de Tomiño e Mos. Coma todos os anos por estas datas, contarán tamén coa visita especial de Papá Noel e outras sorpresas.

Anímadevos a participar!.

XORNADA FINAL DE VOLEI

DEPORTE ESCOLAR.

 Volei Curso 15-16

Xornada Final de Volei

O mércores día 9 de Decembro,  terá lugar a Xornada Final da competición escolar de volei, no Pavillón do Ceip Randufe.de 16:45h a 19:30h para as categorías Alevín ( 5º e 6º) e Benxamín ( 3º e 4º). O autobús sairá ás 16:15h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:45h.. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os/as  nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:15h

 

DIEGO FERNÁNDEZ PARTICIPA NO MARATHÓN DE FLORENCIA 2015

Diego Fernández Coordinador de Deportes  do Concello de Tui participa no Marathón de Florencia 2015.

O Coordinador de Deportes do Concello de Tui, participou xunto a expedición de atletas do Concello da Guarda, no Marathón de Florencia, que tivo lugar o pasado día 29 de Novembro, en dita cidade italiana.

Os nosos parabéns para todo o equipo, esperamos que o disfrutasen…

Aquí vos deixamos uns enlaces onde podedes atopar máis información sobre esta noticia.

http://infogauda.blogspot.com.es/2015/11/a-guarda_49.html

http://www.infominho.com/index.php/id/69/objeto/28157

 

 

II XORNADA DE VOLEI

II XORNADA DE VOLEI EN RANDUFE

O Mércores día 2 de Decembro celebrouse no pavillón de Randufe a II Xornada de Volei. Neste caso so acudiron os equipos alevíns do centro.

Aquí vos deixamos unhas fotos da xornada. Para a semana máis xa que se celebrará a final das 2 categorías, benxamín e alevín.

PROMOCIÓN DE BAILE DEPORTIVO

Promoción de Baile Deportivo.

O pasado Martes, día 17 de Novembro, tivo lugar no noso cole unha xornada  promoción de Baile Deportivo. O mestre Miguel, da Academia Pazos, fixo as delicias dos máis pequenos do noso cole. Os nenos/as de Infantil e Primaria disfrutaron a ritmo de Pasodobre, Salsa, Rock, Merengue e Tango…

Moitas gracias Miguel, por facer que o pasáramos xenial…

IV GALA DO DEPORTE TUDENSE

IV Gala do Deporte Tudense

 

O pasado Venres día 27 de Novembro de 2015, tivo lugar no Área Panorámica de Tui a IV Gala do Deporte Tudense, organizada polo Concello de Tui, onde se premiou aos mellores deportistas tudenses, tanto nas categorías Promesa, Senior e Veterán, tamén se entregou premio a Adestrador, Premio a Clube, Premio promoción deporte  Base, e Mencións especiais…

Destacar a gran cantidade de deporte e deportistas cos que conta Tui, entre eles moitos dos nenos/as do noso colexio que forman parte de esa base do deporte tudense. Os nosos parabéns a todos os premiados e en especial aos que pertencen á nosa comunidade educativa.

Neste enlace podedes atopar información detallada da Gala.

http://www.infominho.com/index.php/id/74/objeto/28122/claves/ESPECIAL---TUI-HOMENAXEA-OS-SEUS-DEPORTISTAS-M%C3%81IS-DESTACADOS-NA-IV-GALA-DO-DEPORTE-TUDENSE

 



by Dr. Radut