Skip to Content

Septembro 2014

Gustavo Rodríguez acada o sexto posto no Campionato do Mundo de Triatlón de Longa Distancia

O triatleta tudense, e antigo alumno do Ceip Nº2 de Tui, Gustavo Rodríguez acadou a pasada fin de semana o sexto posto no Campionato do Mundo de Triatlón de longa distancia, disputado na localidade china de Weihai.

Gustavo Rodríguez, que participaba neste campionato por primeira vez, tivo que percorrer catro quilómetros nadando, cento vinte quilómetros en bicicleta e vinte quilómetros de carreira a pé, demostrando que está a un altísimo nivel e rematando entre os mellores da élite mundial. O seu tempo final foi de cinco horas, vinte e un minutos e cincuenta e tres segundos.

Noraboa Tavo!!

DEPORTES NA ESCOLA

 

 

        

Ivan Alonso Subcampeon del mundo de piragüísmo

IVÁN ALONSO SUBCAMPEÓN DEL MUNDO DE MARATÓN K1

IVÁN ALONSO SUBCAMPEÓN DEL MUNDO DE MARATÓN K1

 

O gallego do Kayak Tudense Iván Alonso proclamouse Subcampeón do Mundo de Maratón na modalidad de K1 nos Campeonatos do Mundo de Maratón que se levaron a cabo na localidade americana de Oklahoma City. Alonso con un crono de 2:12:12,181  quedouse a 5 segundos da medalla de ouro que se adxudicou o sudafricano Hank Mc Gregor (2:12:07,157). A segunda medalla de Bronce en K2 acadouna xunto ao seu compañeiro Emilio Merchán. Tamén foron medalla de bronce os seus compañeiros de clube Oscar Graña e Ramón Ferro. Unha gran actuación do Club kayak Tudense.

A nosa Noraboa para estes Grandes Campeóns!!!

Deporte Escolar 2015/16

DEPORTE ESCOLAR 2015-16

Comezamos a Campaña do Deporte Escolar 2015/16 no CEIP Nº 2 de Tui.

Nesta campaña participan todo o noso alumnado dende 3º ata 6º de Primaria.

Tamén recordarvos que é convinte facerse coa equipación do centro para participar nas actividades.

Aquí vos deixamos a folla de inscripción nas actividades

Deixamosvos no arquivo adxunto os colexios participantes nas xornadas de dinamización intercentros.

 

 



by Dr. Radut