36700 Tui, Pontevedra
TELÉFONO: 886 110 812
TELÉFONO/FAX:
886 110 813
ceip.numero1.tui@edu.xunta.es
O ananos de infantil queren axudar a lograr o ODS 2 "Fame Cero" e para iso pensaron en organizar distintas campañas de recollida de alimentos.
Recolecta da clase de 5 anos B:
Recolecta da clase de 3 anos:
Cartel da próxima campaña da aula de 4 anos:
Tui Le celebra a súa décimo segunda edición, do ano 2021, en liña. É froito da colaboración entre as bibliotecas escolares tudenses e as bibliotecas municipais de Tui e Valença.
VACANTES PARA O CURSO 2021-22:
4º DE ED.INFANTIL(3 ANOS) | 22 PRAZAS+ 3 NEAE |
5º DE ED.INFANTIL (4 ANOS) | 5 PRAZAS |
6º DE ED.INFANTIL | 11 PRAZAS |
1º ED.PRIMARIA | 23 PRAZAS |
2º ED.PRIMARIA | 0 PRAZAS |
3º ED.PRIMARIA | 0 PRAZAS |
4º ED.PRIMARIA | 0 PRAZAS |
5º ED.PRIMARIA | 0 PRAZAS |
6º ED.PRIMARIA | 0 PRAZAS |
Prazo de presentación das solicitudes.
Do 1 ao 22 de marzo.
Presentación de solicitudes de admisión segundo o Anexo II, (procedemento ED550B), aprobados pola Orde de 25 de xaneiro de 2017, que poderán cumprimentarse a través de varios medios: As solicitudes de admisión, que se axeitarán ao modelo oficial pódense recoller no centro escolar.
✓ Na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ ou descargarse e cumprimentarse de forma manual polas familias.
✓Tamén e posible cumprimentalas a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B
IMPORTANTE:
Lémbrase que cada alumna o alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar (Art. 14.5). A infracción de dito punto determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Cada solicitude poderá conter unha relación de ata seis centros, por orde de preferencia (Art. 14.6).
Se os pais optan a unha praza para alumnado con n.e.a.e, achegarán a documentación pertinente (Art. 37.2).
A solicitude terá que estar asinada por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuida a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coa solicitude de admisión a resolución xudicial correspondente. Excepto casos de violencia de xénero (Art. 14.4).
O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo.
Do 24 de marzo ao 09 de abril. Presentación da documentación acreditativa dos méritos alegados en relación cos criterios de admisión no caso de que haxa máis solicitantes que prazas (Art. 17.1).
Antes do 26 de abril. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos (Art. 30.1). Haberá un prazo de 5 días para a presentación de reclamacións ante a dirección do centro (Art. 30.3).
Antes do 15 de maio. Publicación de listaxes definitivas de admitivos e non admitidos (Art. 31). Poderase presentar recurso de alzada ante o xefe territorial no prazo dun mes (Art. 32.1).
Do 20 ao 30 de xuño (Art. 40.3). Prazo para formalizar matrícula.
CALENDARIO RESUMO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO
11 de xaneiro ao 08 de febreiro. Reserva de praza no centro de adscrición (Art. 10.2). No noso centro corresponde no CPI O Cruce para os alumnos escolarizados en 6o de educación primaria.
25 de febreiro. Sorteo público de catro letras a efectos de desempate (Art. 29). As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras “W” e “S”; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras “B” e “F”.
01 de marzo. Publicación de vacantes (Art. 3).
01 ao 22 de marzo. Presentación de solicitudes de praza (Art. 16).
24 de marzo ao 09 de abril. Presentación da documentación acreditativa dos méritos alegados en relación cos criterios de admisión no caso de que haxa máis solicitantes que prazas (Art. 17.1).
Antes do 26 de abril. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos (Art. 30.2). Haberá un prazo de 5 días para a presentación de reclamacións ante o Consello Escolar do centro (Art. 30.3).
Antes do 15 de maio. Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos (Art. 31). Poderase presentar recurso de alzada ante o xefe territorial no prazo dun mes (Art. 32.1).
Do 20 ao 30 de xuño. Prazo de formalización da matrícula (Art. 40.3).
Hoxe presentamos o noso primeiro boletín informativo que nace grazas a unha proposta do consello escolar.
REGULACIÓN SOBRE O REPARTO DE MASCARILLAS
PUBLICAMOS NESTE APARTADO AS PROGRAMACIÓNS DO TERCEIRO TRIMESTRE ADAPTADAS TAL E COMO SE ESTABLECE NAS INSTRUCIÓNS DO 27 DE ABRIL DE 2020, DA DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA PARA O DESENVOLVEMENTO DO TERCEIRO TRIMESTRE DO CURSO ACADÉMICO 2019/20, NOS CENTROS DOCENTES DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.
OLA FAMILIAS!!!
Comezamos o terceiro trimestre e o profesorado queremos brindar todo o noso apoio e agarimo aos nenos/as e as familias.
A día de hoxe a administración non dictou novas instrucións, así que seguiremos deseñando tarefas e estratexias para acompañar esta nova situación de ensino-aprendizaxe da mellor maneira posible.
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30809
Coma sempre, para compartir calquera dúbida, suxerencia ou inquietude podedes contactar con NÓS.
Unha aperta de todo o equipo do Ceip Plurilingüe Nº1
De cara a establecer as melloras oportunas, no caso de que esta situación continue no terceiro trimestre, gustarínos que participarades neste formulario que é moi breve.
Moitas gracias de parte de todo o equipo docente
#nosficamosnacasa
Apoio en casa
Medidas especiais en relación a Covid-19
Ola familias,
A situación actual que todos estamos a vivir é delicada e sensible, desde a escola queremos enviarvos o noso apoio e agarimo e reflexionar xuntos sobre o importante que é ser bos modelos para os nosos fill@s. Non debemos evitar falar cos nenos/ as sobre o virus e as súas consecuencias. É necesario responder a todas as súas dúbidas con claridade e naturalidade pero tamén pensamos que non é adecuado ser alarmistas ou mostrarse excesivamente preocupados.
Todos sabemos que esta situación resolverémola xuntos, sendo responsables e pacientes.
Quizais podemos vivir este momento como unha oportunidade para estar máis tempo xuntos e compartir tarefas cotiás. Sexamos positivos e optimistas!!
Educamos cada día!!
Durante estes 14 días nos que as escolas están pechadas debemos manter rutinas de traballo e estudo que nos axuden a experimentar esta situación de forma cotiá e natural así como a manter hábitos de traballo e concentración que os nenos/ as necesitan.
Algunhas recomendacións para ACOMPAÑAR aos nenos/ as nas súas tarefas:
1. Elixir a mesma hora do día para realizalas. Preferentemente de mañá.
2. Escoller un lugar tranquilo e ben iluminado onde o neno/para poida estar concentrado/a
3. Traballar por períodos de 30 minutos como máximo. Realizar un breve descanso entre tarefas onde o neno/para poida moverse libremente.
4. Explicar de antemán canto tempo vai estar realizando a tarefa e se é posible colocarlle un reloxo diante para que poida comprobar o paso do tempo.
5. Antes de comezar unha tarefa asegúrache de que está tranquilo/a, receptivo/a e descansado/a. Se sentes que algunha destas condicións non se dan, non é bo momento para traballar. O noso cerebro necesita isto para aprender!!
6. Explícalle a tarefa e asegúrache de que a comprende facendo preguntas ou pedíndolle que che diga coas súas palabras o que entendeu. Explica as tarefas dunha nunha.
7. Mentres traballa podes estar sentado xunto a el/ela pero non é necesario. Os nenos/ as deben afacerse a traballar de forma autónoma e avisar cando teñen dúbidas ou terminaron.
8. Avalía ou corrixe o que fixo ao terminar. Non esperes a outro momento senón non aprenderá dos seus erros. Lembra que cada equivocación axúdanos a aprender!! Non resaltes os erros, só menciona os acertos e aquilo que é positivo, por exemplo; se estivo concentrado/a e quieto/a traballando, se preguntou dúbidas ou o seu traballo está limpo e coidado.
9. Se algún día notas que sentar a traballar é pesado ou moi molesto para el/ela. Tenta pescudar que lle molesta. Fala tranquilamente e móstrache comprensivo/a. Explícalle que entendes como sente e que moi pronto volverá á escola para aprender con todos os seus amig@s.
10. Non uses a tarefa do cole como unha ameaza ou lles digas que algo malo vai pasar se non o fan. Lembra, o neno/a para aprende feliz e contento . Esta situación é estraña e confusa para nós e para eles/ as.
A continuación deixámosvos as propostas de traballo dos distintos cursos que actualizaremos e enviaremos a través das titorías diariamente. As familias deberedes colaborar estando atentos/as as diferentes vías de comunicación: web, e-dixgal, blogs, correo electrónico, remind, whatsapp...
Os mestres faremos o seguimento do traballo do alumnado diariamente, cada titor/a informará como o fará, para calqueira dúbida contactade cos titores/as ou a través do correo do centro:
A Consellería de Educación, Universidade e formación profesional decreta a suspensión de todo tipo de actividade lectiva durante os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020.
Tamén quedan suspendidos os servizos educativos complementarios: comedor, transporte e aula matinal, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
IMPORTANTE: NOVAS NO PROCESO DE ADMISIÓN
Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes
Aplicación de xestión das solicitudes de admisión:https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN
-Orde do 12 de marzo de 2013.
-Decreto 254/2012, do 13 de decembro.
-Orde do 25 de xaneiro de 2017.
INFORMACIÓN IMPORTANTE:
-Presentarase unha única solicitude no centro que solicita praza en primeiro lugar.
-O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
-O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión nun centro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
-A reserva de praza para o curso seguinte para alumnos e alumnas que xa están matriculados no centro, farase directamente desde o colexio sen que os pais e as nais teñan que facer ningún trámite.
XA ESTÁ PUBLICADO O NOSO SEGUNDO PROGRAMA DE RADIO ATHENEA
CONSULTA OS PROGRAMAS SEMANAIS NA ICONA DA COLUMNA DEREITA