Comeza o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2024/25, regulado pola Orde de 21 de outubro de 2022 e co seguinte calendario:
- Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024: prazo de reserva para o alumnado que finaliza etapa nun centro e pasa a outro.
- 22 de febreiro de 2024: publicación da listaxe de alumnado con posto reservado.
- Antes do 1 de marzo: sorteo público para os efectos de desempate.
- Do 1 ao 20 de marzo de 2024: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.
- 25 de abril de 2024: publicación da listaxe provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación.
- 15 de maio de 2024: publicación da listaxe definitiva de admitidos.
- Do 20 ao 30 de xuño de 2024: unha vez admitido, prazo de formalización de matrícula.
Podes acceder a TODA A INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO na nosa web premendo AQUÍ, no taboleiro da Secretaría do centro ou a través da aplicacion admisiónalumnado.