36700 Tui, Pontevedra
TELÉFONO: 886 110 812
TELÉFONO/FAX:
886 110 813
ceip.numero1.tui@edu.xunta.es
No mes de NOVEMBRO convocaranse ELECCIÓNS PARA O CONSELLO ESCOLAR. Consiste nunha renovación parcial dos membros do Consello Escolar, órgano colexiado de goberno do Centro, con representación dos distintos sectores que constitúen a comunidade educativa (pais/ nais, profesorado, Concello e ANPA).
Coa finalidade de animarvos a participar no proceso electoral, informámosvos deste proceso que afecta ao sector de nais/pais. A organización e supervisión deste proceso electoral correspóndelle á XUNTA ELECTORAL.
A quen se elixe?: 2 pais/nais que representarán ao sector dos pais/nais no Consello Escolar. No Consello Escolar deste Centro hai un total de 5 pais/nais. Nesta renovación parcial. Serán elixidos mediante votación das familias
Quen pode ser candidato/a?: todos os pais, nais ou titores legais que teñan fillos/as matriculados/as no Centro e incluídos no Censo Electoral. O prazo de presentación de candidaturas empeza o día 6 de novembro e remata o día 14 de novembro ás 14:00h.
Os interesados/as deberán cubrir e asinar o impreso polo cal presentan a súa candidatura, dispoñible na secretaría do centro e na páxina web, e unha vez cumprimentado presentalo na secretaría do Centro.
Tamén se pode enviar por correo electrónico á seguinte dirección ceip.numero1.tui@edu.xunta.es.
A proclamación das candidaturas farase o día 15 de novembro ás 14:00h.
Respecto das datas a ter en conta neste proceso pode consultarse o calendario do mesmo na web do centro e nos diferentes taboleiros.
Quen pode votar?: todos os pais, nais ou titores/as legais que teñan alumnos/as matriculados/as no Colexio e estean incluídos no censo que se exporá o día 15 de novembro no taboleiro de anuncios.
Debedes comprobar se estades incluídos no censo e se os datos son correctos. De non ser así, é necesario facer a reclamación pertinente.
O voto será directo, secreto e non delegable. Terán dereito a voto tanto o pai como a nai do alumno/a, ou de ser o caso o seu titor legal. Para poder facer uso do seu dereito ao voto, deben acreditarse (D.N.I., pasaporte, carné de conducir, etc.).
Cando se vota?: A votación terá lugar no Centro o luns día 26 de novembro, no local da ANPA, podéndose votar de 9:00h a 10:30h, de 13:30 a 14:15h e de 17:00h a 18:00h.
Co fin de poder levar a cabo o proceso electoral polo que se nomearán os novos membros do Consello Escolar e dada a importancia deste órgano, animamos aos pais/nais do centro a participar nas eleccións presentando a súa candidatura ou votando con total liberdade ao candidato/a que estime oportuno.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Formulario para presentar candidaturas pais.pdf | 121.34 KB |