36700 Tui, Pontevedra
TELÉFONO: 886 110 812
TELÉFONO/FAX:
886 110 813
ceip.numero1.tui@edu.xunta.es
En cumprimento do establecido na Resolución do 25 de setembro de 2018 (DOG 8 de outubro) que establece o calendario para a celebración de elección de membros dos consellos escolares, ábrese un proceso electoral para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar deste centro.
A organización e supervisión do proceso correspóndelle á Xunta Electoral. O MARTES 30 DE OUTUBRO, ás 18.30 horas, na sala do profesorado, terá lugar este SORTEO PÚBLICO para a elección dos compoñentes da XUNTA ELECTORAL: un representante de profesorado, familias e persoal non docente.
A Xunta Electoral constituirase o día 5 de novembro ás 14:20 horas na sala de profes.
Este ano corresponde renovar DOUS representantes do profesorado, DOUS das familias e UN do persoal non docente.
Nota: Os membros integrantes da Xunta Electoral, das Mesas Electorais e os electores que necesiten permiso laboral para o desempeño das súas obrigas seralles de aplicación o artigo 76.2º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo (DOG do 13 de xuño), polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia.