Rúa Canónigo Valiño, s/n,

 36700 Tui, Pontevedra

TELÉFONO: 886 110 812

TELÉFONO/FAX: 

886 110 813

MÓBIL: 658 227 318

ceip.numero1.tui@edu.xunta.es

Navegación

Iniciar sesión

Febreiro 2021

ADMISIÓN DO NOVO ALUMNADO

VACANTES PARA O CURSO 2021-22:

4º DE ED.INFANTIL(3 ANOS)  22 PRAZAS+ 3 NEAE
5º DE ED.INFANTIL (4 ANOS) 5 PRAZAS
6º DE ED.INFANTIL 11 PRAZAS
1º ED.PRIMARIA 23 PRAZAS
2º ED.PRIMARIA 0 PRAZAS
3º ED.PRIMARIA 0 PRAZAS
4º ED.PRIMARIA 0 PRAZAS
5º ED.PRIMARIA 0 PRAZAS
6º ED.PRIMARIA 0 PRAZAS

Prazo de presentación das solicitudes.

Do 1 ao 22 de marzo.
Presentación de solicitudes de admisión segundo o Anexo II, (procedemento ED550B), aprobados pola Orde de 25 de xaneiro de 2017, que poderán cumprimentarse a través de varios medios: As solicitudes de admisión, que se axeitarán ao modelo oficial pódense recoller no centro escolar.

✓ Na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ ou descargarse e cumprimentarse de forma manual polas familias.

Tamén e posible cumprimentalas a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

 

IMPORTANTE:page1image1499321808 page1image1499322096  

Lémbrase que cada alumna o alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar (Art. 14.5). A infracción de dito punto determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Cada solicitude poderá conter unha relación de ata seis centros, por orde de preferencia (Art. 14.6).

Se os pais optan a unha praza para alumnado con n.e.a.e, achegarán a documentación pertinente (Art. 37.2).

A solicitude terá que estar asinada por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuida a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coa solicitude de admisión a resolución xudicial correspondente. Excepto casos de violencia de xénero (Art. 14.4).

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo.

Do 24 de marzo ao 09 de abril. Presentación da documentación acreditativa dos méritos alegados en relación cos criterios de admisión no caso de que haxa máis solicitantes que prazas (Art. 17.1).

Antes do 26 de abril. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos (Art. 30.1). Haberá un prazo de 5 días para a presentación de reclamacións ante a dirección do centro (Art. 30.3). 

Antes do 15 de maio. Publicación de listaxes definitivas de admitivos e non admitidos (Art. 31). Poderase presentar recurso de alzada ante o xefe territorial no prazo dun mes (Art. 32.1).

Do 20 ao 30 de xuño (Art. 40.3). Prazo para formalizar matrícula.

 

  1. CALENDARIO RESUMO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

    11 de xaneiro ao 08 de febreiro. Reserva de praza no centro de adscrición (Art. 10.2). No noso centro corresponde no CPI O Cruce para os alumnos escolarizados en 6o de educación primaria.

    25 de febreiro. Sorteo público de catro letras a efectos de desempate (Art. 29). As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras W” S; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras B” F.

    01 de marzo. Publicación de vacantes (Art. 3).
    01 ao 22 de marzo. Presentación de solicitudes de praza (Art. 16).

    24 de marzo ao 09 de abril. Presentación da documentación acreditativa dos méritos alegados en relación cos criterios de admisión no caso de que haxa máis solicitantes que prazas (Art. 17.1).

    Antes do 26 de abril. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos (Art. 30.2). Haberá un prazo de 5 días para a presentación de reclamacións ante o Consello Escolar do centro (Art. 30.3).

    Antes do 15 de maio. Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos (Art. 31). Poderase presentar recurso de alzada ante o xefe territorial no prazo dun mes (Art. 32.1).

           Do 20 ao 30 de xuño. Prazo de formalización da matrícula (Art. 40.3).