Corremelide 2023
Onte celebrouse o Corremelide 2023 una iniciativa promovida polo IES de Melide coa que se pretende fomentar o uso do noso idioma a través de diferentes actividades, neste caso deportivas e de lecer. Participou o alumnado dos cursos superiores (4º,5º e 6º de Educación Primaria) tanto na carreira como na elaboración duns manifestos. Os premiados leron os seus manifestos para darlle a benvida os participantes da carreira.
Anque a finalidade deste evento é a participación conxunta dos centros da vila e a súa contorna, cómpre salientar as victorias do noso alumnado en case todas as categorías nas que participou.
Antón lendo o seu manifesto na categoría de 6º de E. Primaria.
Nenos e nenas(Marcos E., Marcos M. Lucía, Idaira e Mauro) de 5º E. Primaria lendo o seu manifesto.
Gañadoras da categoría feminina de 4º E. Primaria: Area e Antía
Gañador na categoría masculina en 4º E. Primaria: Anxo
Gañadoras da categoría feminina de 5º E. Primaria: Lucía, Sabela e Alba S.
Gañadores da categoría masculina de 5º E. Primaria: Manuel, Mauro.
Gañadores da categoría masculina 6º E. Primaria: Rubén
Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego
Neste 2023, o día das nosas letras adícase ao escritor, político, e académico Francisco Fernández del Riego. Como traballo colectivo no noso centro, o alumnado preparou unha pequena liña temporal exposta nun dos corredores do centro sobre a vida do homenaxeado procedente de Lourenzá(Lugo).
Gala Cantareira #0 do CEIP de Melide Nº1
Co gallo da celebración do mes das flores, no noso centro emprazouse ao alumnado para que enviase o seu nome feito con flores e plantas ao correo do centro e, deste xeito, darlle cor a este bonito mes.
Á súa vez, levouse a cabo unha pequena mostra do traxe tradicional galego, coñecendo as súas partes aproveitando a recente Foliada de Melide que tanto gozou a vila e moito do noso alumando.
Por outra banda, e coa intención de amenizar a gala cun pouco de música, parte do profesorado colaborou tocando para as crianzas cancións relacionadas coa festividade do Maio, a nosa vila e pezas que eles xa coñecen para poder acompañar.
Foi unha xornada alegre e esperemos que o vindeiro curso se repita e así perpetuar a presenza da música, flores e tradición no noso centro.
Menú Comedor Escolar MAIO 2023
Como cada novo mes, aquí deixamos á vosa disposición o menú do comedor escolar para o recén estrenado mes de maio.
Prema AQUÍ.
INFORMACIÓN ADMISIÓN
Infórmase de que todo o alumnado que entregou dentro de prazo a solicitude de matrícula en 4º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria ten CONFIRMADA a súa admisión no centro.
Igualmente, para calquera dúbida, está a disposición das familias a listaxe provisional de admitidos no taboleiro do interior do noso centro.
ACLARACIÓN: O alumnado que promociona de 6º de Educación Infantil a 1º de Educación Primaria non precisa facer trámite algún para a matrícula, pois esta faise efectiva de xeito autmático.
Menú Comedor Escolar Abril 2023
Mañá comeza o terceiro trimestre, e con el un novo mes. Aquí vos queda o menú do presente mes de abril.
Preme AQUÍ para descargar o documento.
2 de abril: Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo
O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, unha data instaurada por Nacións Unidas para visibilizar ás personas con trastorno do espectro autista (TEA) e contribuir a promover o exercicio efectivo dos seus dereitos.
Dende o noso Centro queremos unirnos a esa reivindicación e por iso,nestes días se estuvieron a realizar símbolos de ♾️ co alumnado e , no día de hoxe, traballamos nas distintas titorías o visionado de curtas,contos e videos sobre diversidade, inclusión e de concienciación sobre o TEA Dende o noso Centro queremos unirnos a esa reivindicación e por iso,nestes días se estuvieron a realizar símbolos de ♾️ co alumnado e , no día de hoxe, traballamos nas distintas titorías o visionado de curtas,contos e videos sobre diversidade, inclusión e de concienciación sobre o TEA.
Ademáis de encher o noso Centro de infinitos diversos!!
E cal é o porqué destes infinitos?
O símbolo do infinito colorido está fortemente ligado coa descrición propia do termo autismo. O autismo non é lineal, senón un espectro, unha condición diversa. Este infinito coa gama de cores do arco da vella amosa esa gran diversidade e singularidade.
Animámosvos a participar desta iniciativa dende os vos fogares enchendo fiestas, portas...de infinitos decorados polos vos pequen@s
Máis Info AQUÍ
21 de marzo: Día Mundial do Síndrome de Down
Desde o Dpto. de Orientación do noso centro levouse a cabo unha inciativa en prol de celebrar o Día Mundial do Síndrome de Down. Coa sempre presente intención de educar desde a diversidade, pediuse ao alumnado, profesorado e persoal non docente sumarse a traer nese día calcetíns desparellados como símbolo da diferenza dentro da igualdade. Aquí deixamos unha mostra, ademais do mural que estivo nese día colocado na entrada do centro.
Migallas para o CEIP de Melide Nº1
Sempre é un bo momento para asistir a un concerto. Hoxe o alumnado de todos os niveis puido gozar dun concerto moi divertido no Centro Sociocultural "Mingos de Pita" de Migallas. Sen dúbida pasárono moi ben!
Aquí queda unha mostra do vivido.
8M no no CEIP de Melide Nº1
Con motivo da celebración do 8 de marzo no noso centro, tivemos unha actividade moi especial. Aquí vos queda un mostra:
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »