Iniciar sesión: Acceso

Benvida ao novo curso 2023-2024

Este luns 11 de novembro comezamos un novo curso no noso centro. Desde o Equipo directivo,docentes e persoal non docente do centro, queremos dar a benvida ao resto da comunidade educativa e desexar o mellor para o curso que iniciamos.

AVISO: Ás 9:35h, o equipo directivo indicará e dará acceso ás familias para acudir ás reunións de inicio de curso en cada unha das aulas.

Instrucción 2/2023 sobre o Funcionamento dos Comedores Escolares

 

Aquí poderás descergar e consultar a nova Instrucción sobre o funcionamento dos Comedores Escolares.

 

Prema AQUÍ para ver o documento.

ANEXO II Modelo de Autodeclaración e Especificacións COMEDOR ESCOLAR

Queda á disposición das familias do noso centro o documento correspondente ao Anexo II que se refire ao Modelo de Autodeclaración e Especificación para complementar á solicitude de servizo de comedor escolar para o vindeiro curso 2023-2024.

 

Prema AQUÍ para poder descargalo ou imprimilo.

Prazos para o Fondo Libros 2023-2024

Estes son os prazos estipulados para as diferentes fases do trámite para o Fondo Libros do vindeiro curso 2023-2024.

 

-LISTAXES PROVISIONAIS:                         26 DE XUÑO.

 

-PRAZO DE RECLAMACIÓN:                       27 E 28 DE XUÑO.

 

-LISTAXES DEFINITIVAS:                            30 DE XUÑO.

 

-ENTREGA DE VALES*:                               3 AO 7 DE XULLO.

 

A entrega dos libros farase efectiva no mes de setembro.

 

 

*Os vales tamén se poden recollen en setembro

Listaxe de libros de texto para o curso 2023-2024

 

Xa queda á disposición das familias a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2023-2024.

Premer AQUÍ para descargar o arquivo.

Mellorando a CONVIVENCIA

Ao longo do xa case rematado curso 2022-2023, o noso centro e a súa comunidade educativa tiveron como principal centro de interese mellorar a convivencia entre os seus integrantes. Desde o  Departamento de Orientación levouse a cabo un Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) no que se incidiu na posta en práctica dun cambio dos espazos de lecer dos que dispón o centro.

Nos tempos que corren, tempos nos que a tecnoloxía ten unha ampla presenza nos momentos de lecer das nosas crianzas, e en consecuencia mérmanse as súas habilidades sociais e de convivencia, desde o centro considerouse que era necesario fomentar dinámicas de xogo onde prime máis a colaboración que a competitividade, a creación máis que o elaborado. 

Neste PFPP o profesorado centrouse na creación de xogos e xoguetes elaborados con materias que nos dá a propia natureza, tamén na recuperación de xogos tradicionais e populares.

 

          

Para implementar estes aspectos, desenvolvéronse sesións de formación levadas a cabo pola Asociación Galega de Xogos Populares e Tradicionais(AGXPT) da man do seu ilustre estudoso da materia e benquerido profesor do noso IES de Melide, Paco Veiga. Tamén, dentro destas sesións tivemos o gusto de aprender con José Manuel García Fernández, lourenzán e estudoso dos xogos e xoguetes elaborados con cousas que a natureza nos proporciona.

 

     

Cómpre salientar tamén a habilitación dun novo espazo nas instalacións no que o alumnado pode xogar de xeito organizado a xogos de mesa, manualidades, tenis de mesa, … Neste terceiro trimestre usouse de forma esporádica, pois estaba en proceso de creación, sen todo o material aínda dispoñible. 

 

     

Para complementar este cambio, tivemos a aportación do Equipo de Biblioteca que propuxo a creación dos carros de libros. Estes carros saen nos tempos de lecer ao patio para que calquera alumno/a poida ler ao aire libre sen ter que desprazarse á Biblioteca do centro.

 

 

 

Este material está organizado por niveis e os propios nenos e nenas colaboradores/as da Biblioteca encárganse de sacar e levar de volta ao seu sitio.

 

                             

 

       

 

Por outra banda, e non menos importante, temos que amosar a nosa gratitude á inestimada colaboración do profesorado e alumnado do Ciclo Medio de Madeira do IES de Melide, que elaboraron no seu obradoiro o material de xogo dos que o centro poderá dispor a finais deste curso.

             

Grazas infinitas por esta colaboración, pois os nenos e nenas do noso centro poderán mellorar a súa calidade de xogo, ademais de diversificala cara modelos de lecer máis favorables á convivencia e o respecto entre eles/as.

   

 

 

 

Por último, non podemos tampouco esquecer a sempre inestimada e constante predisposición da ANPA para colaborar en todo o que se propuxo, pois sen dúbida é un pilar importantísimo na nosa comunidade educativa para trasladar ao alumnado todos estes valores alén dos muros do centro.

 

Documentos para a FORMALIZACIÓN da MATRÍCULA 2023-2024

Aquí vos deixamos a documentación necesaria para a formalización da matrícula do curso 2023-2024. 

Ademais de esta dispoñibles nesta publicación e na sección de Secretaría(no apartado "O Centro"), tamén estarán dispoñibles na Secretaría do centro no horario habitual.

Por mor do día festivo na última semana do prazo establecido para a formalización de matrícula, o centro agradece que, sendo posible, se poidan facer ditos trámites na primeira semana.

Menú Comedor Escolar Xuño 2023

Aquí queda o menú do mes de xuño, último do presente curso escolar.

Prema AQUÍ para descargar o menú.

Fondo Solidario Libros 2023-2024

Desde hoxe queda aberto o prazo para a solicitude do Fondo Solidario de Libros de Texto para o vindeiro curso 2023-2024.

O prazo para ditas solicitudes comeza o luns 22 de maio e remata o 21 de xuño. O trámite poderase levar a cabo tanto de xeito telemático coma presencia no centro. No caso da solicitude presencial, farase en horario de Secretaría de luns a venres de 13.40h a 14.40h.

De xeito máis detallado prema AQUÍ para ver as distintas modalidades, xunto co resto de información relevante para realizar o trámite.

Corremelide 2023

Onte celebrouse o Corremelide 2023 una iniciativa promovida polo IES de Melide coa que se pretende fomentar o uso do noso idioma a través de diferentes actividades, neste caso deportivas e de lecer. Participou o alumnado dos cursos superiores (4º,5º e 6º de Educación Primaria) tanto na carreira como na elaboración duns manifestos. Os premiados leron os seus manifestos para darlle a benvida os participantes da carreira.

Anque a finalidade deste evento é a participación conxunta dos centros da vila e a súa contorna, cómpre salientar  as victorias do noso alumnado en case todas as categorías nas que participou.

Antón lendo o seu manifesto na categoría de 6º de E. Primaria.

Nenos e nenas(Marcos E., Marcos M. Lucía, Idaira e Mauro) de 5º E. Primaria lendo o seu manifesto.

Gañadoras da categoría feminina de 4º E. Primaria: Area e Antía

Gañador na categoría masculina en 4º E. Primaria: Anxo

Gañadoras da categoría feminina de 5º E. Primaria: Lucía, Sabela e Alba S.

Gañadores da categoría masculina de 5º E. Primaria: Manuel, Mauro.

Gañadores da categoría masculina 6º E. Primaria: Rubén

 

Distribuir contido