Benvida
Benvidos á páxina web do CEIP Nº1 de Melide. Aquí poderedes consultar todas as novas relacionadas co centro en cada unha das sección que compoñen o mesmo.
Instrución Comedores Escolares 2024-2025
Aquí vos deixamos a Instrución sobre o funcionamento dos Comedores Escolares de xestión directa no curso escolar24-25.
Tamén queda á vosa disposición o ANEXO II que corresponde AO MODELO DE AUTODECLARACIÓN.
Listaxe de Libros de Texto- Curso 2024-2025
Aquí vos deixamos a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso académico 2024-2025.
Prema AQUÍ para descargar o documento.
Colaboración en Radio Melide
O pasado xoves 16 de maio varios nenos e nenas da clase de 6º de Educación Primaria puideron participar na homenaxe a Luísa Villalta no Día das Letras Galegas 2024.
Sen dúbida, foi unha experiencia fantástica que gozaron. Non só pola conmemoración que nos ocupaba, senón por ver como funciona este fermoso medio de comunicación. Como eles indican no propio programa, quedoulles un interese por repetir a experiencia.
Cómpre agradecer aos responsables da nosa radio por permitirnos levar a aprendizaxe alén das nosas paredes.
O noso centro na FOLiada de Melide 2024
Dentro do marco dos Polos Creativos, o alumnado de 6º de Educación Primaria dedicou as últimas semanas á elaboración de diversos materiais coa finalidade de recadar fondos para a excursión de fin de ciclo. Nesta fin de semana, todas esas cousas que eles e elas elaboraron coas súas mans terán cabida nunha das casetas que o Concello de Mellide coloca ao longo da Rúa do Convento dentro da Foliada. Baixo o lema "Artesanía para viaxar", os "artesáns" de 6º de Educación Primaria convídanvos a gozar das músicas e dos bailes tradicionais que tanta alegría nos dá esta celebración, e tamén a lucir moitas das creacións que estarán dispoñibles na nosa caseta. Así que , xa sabedes, non deixedes de visitala, colaborar cos rapaces e rapazas que tantos esforzos fixeron e , por suposto, gozar da nosa cultura.
Cómpre agradecer ao Concello de Melide pola agarimosa colaboración cos nenos e nenas de 6º, e sen esquecer ao CEIP Plurilingüe de Toques por ceder parte da ferramenta que o noso alumnado usou estas semanas. E, por suposto, agradecer ás familias que tamén colaboraron con aportacións á causa.
ACTUALIZACIÓN: Queremos agradecer a toda a comunidade educativa do noso centro a alta participación nesta iniciativa dos nenos e nenas de 6º de Educación Primaria. Foi todo un éxito. Non quedou nada de todas as cousas que este alumnado tan entregado á causa se dispuxo a elaborar ao longo de case dous meses. Que gozo compartir estas experiencias alén das paredes do centro.
G R A Z A S!!!
Radio Escolar 2023-2024: Museo da Terra de Melide
O grupo de nenos e nenas de 5º de Educación Primaria, dentro da materia de Proxecto Competencial, entrevistou a Cristina Vázquez, arqueóloga do Museo da Terra de Melide. Este grupo de alumnos/as leva traballando estes dous trimestres sobre as lendas e mitos da nosa comarca facendo uso de diversos recursos: Libro "Terra de Melide" do Seminario de Estudos Galegos, páxina web "Galicia Encantada", ... Este traballo ten como finalidade a súa exposición para o resto de grupos do centro ao longo do último trimestre.
Á súa vez, o centro está a facer uso dalgúns recursos para traballar dentro do marco dos Polos Creativos, que pretende implementar a innovación dentro da escola. Neste caso, fixemos uso do equipo de Radio Escolar. Os cativos/as gozaron de pleno da experiencia.
Comeza a abrirse un novo espazo no noso centro.
AVISO IMPORTANTE: ADMISIÓN 2024-2025
Finalizado o prazo de solicitudes de Admisión, no CEIP de Melide Nº1 para 4º de Educación Infantil hai máis solicitudes que prazas ofertadas, polo que será necesario baremar.
O prazo para presentar a documentación xustificativa do baremo é do 21 de marzo ata o 5 de abril, ámbolos dous incluídos.
Queda dispoñible o documento onde se detalla a documentación a presentar para o baremo AQUÍ.
Admisión de alumnado para o curso 2024-2025
Queda aberto o prazo de SOLICITUDE DE ADMISIÓN no noso centro desde o 1 ata o día 20 de marzo de 2024. Os documentos necesarios para facer dito trámite están dispoñibles no centro. Tamén se poden descargar automáticamente clicando AQUÍ.
Para o vindeiro curso, o noso centro conta coas seguintes prazas vacantes nos diferentes cursos:
4º INFANTIL |
20* |
5º INFANTIL |
0 |
6º INFANTIL |
0 |
1º PRIMARIA |
0 |
2º PRIMARIA |
3 |
3º PRIMARIA |
0 |
4º PRIMARIA |
0 |
5º PRIMARIA |
12 |
6º PRIMARIA |
0 |
CALENDARIO DE ADMISIÓN
DO 1 DE MARZO AO 20 DE MARZO |
Presentación de solicitudes |
DO 21 DE MARZO AO 5 DE ABRIL |
Presentación documentación Baremo, NO CASO DE HABER MÁIS SOLICITUDES QUE PRAZAS. |
25 DE ABRIL |
Publicación de listaxes PROVISIONAIS |
DO 26 DE ABRIL AO 5 DE MAIO |
Presentación de reclamacións |
15 DE MAIO |
Publicación de listaxes DEFINITIVAS |
DO 16 DE MAIO A 15 DE XUÑO |
Prazo presentasción de recurso de alzada |
DO 20 AO 30 DE XUÑO |
Formalización de matrícula |
*En 4º de Infantil 3 prazas están reservadas para alumnado NEE.
Observacións:
Entre o 1 de marzo e a data de publicación da listaxe provisional de admitidos e exluídos o número de vacantes pode sufrir variacións por mor da escolarización extraordinaria.
ÁREA DE INFLUENCIA
PARROQUIAS INCLUÍDAS NA ÁREA DE INFLUENCIA
Baltar, Grobas, Orois, Golán, Maceda, Xubial, Pedrouzos, Santa Eulalia de Agrón, Zas de Rei, Gondolllín, Folladela, Vitiriz, O Barreiro, San Cibrao, Castro, Os Ánxeles, San Salvador, Parte de Santa María: inclúe as paradas de transporte de O Mesón e O Rañado, parte de San Martiño das Varelas: inclúe as paradas de transporte de Motouto, Cruce Reboredo e Montoutiño.
Para máis INFORMACIÓN, as familias teñen o documento completo á súa disposición nesta publicación.
Melide, a 28 de febreiro de 2024.
Menú Comedor Escolar Febreiro 2024
Como cada mes, aquí vos deixamos o menú do comedor escolar.
Prema AQUÍ para poder visualizar ou descargar.
![RSS Distribuir contido](/centros/ceipnumero1melide/misc/feed.png)