Skip to Content

Saidas e excursións

ENCONTRO DEPORTIVO

 o xoves 14 de decembro, o alumnado de sexto de Primaria participou nun encontro deportivo, no Colexio Martínez Otero, xunto cos rapaces de sexto dos outros catro centros escolares do Concello (Fondo Nois, O Cantel, O Pilar e o Martinez Otero) e coa coodinación do Concello. Foi unha xornada divertida e entretida.

ENLACE - GALERÍA FOTOS

VIAXE Á NEVE

Os pasados24, 25 e 26 de xaneiro desfrutamos duns días incribles na estación de esquí de San Isidro. Aínda que tivemos que adiantar o regreso un día por mor da climatoloxía, o alumnado de quinto e sexto de primaria desfrutou e se iniciou no esquí. Xogaron, conviviron... Unha experiencia fantástica e enriquecedora.

ENLACE Á GALERÍA FOTOGRÁFICA.

VISITA AOS BOMBEIROS

Os alumnos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil visitaron o parque de bombeiros de Barreiros.

Puideron ver, como é a xornada de traballo dos bombeiros no parque; as actividades que realizan diariamente: prepararse físicamente no ximnasio, estudar na sala de estudio, recibir as chamadas de emerxencia na sala de control ou oficina; comer, durmir, ducharse... nas distintas dependencias da zona de vivenda, facer a limpeza do parque...

VISITA AO OBRADOIRO DE SANCHO

O alumnado de 6º de E.I., acompañado da súa titora e o mestre de apoio, fomos ver a Sancho ao seu obradoiro. Él é carpinteiro, puidemos ver moitas cousas no seu taller, as ferramentas de traballo..., o que máis nos chamou a atención foi a "serra" que tiña colgada enriba da porta (case todos/as, a debuxamos logo na clase), e tamén o "cepillo", entre moitas outras que él nos amosou. Había moitos mobles, de todo tipo: aparadores, cadeiras, bancos, cadros, marcos, casiñas de gatos, paxaros e moitos xoguetes.

VISITA Á FEIRA DA CIENCIA

O pasado xoves 21 de marzo, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, visitou a "Feira da Ciencia" organizada polo IES Galileo Galilei de Navia.

Alí, por grupos acompañados de "alumnos - monitores", visitaron os distintos stands e acudiron aos obradoiros programados: scape room e taller de xeometría.

A continuación fixeron a visita guiada ao Castro de Coaña onde aprenderon sobre a vida dos nosos antepasados.

Para rematar a xornada tivemos un tempo de lecer na área recreativa da praia de Navia onde xantaron e xogaron.

VIAXE A LEITARIEGOS

Os pasados 20, 21 e 22 de febreiro, alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria acompañados de tres mestres do centro, acudiron á estación de esquí de Leitariegos. Alí disfrutaron do esquí con clases e momentos de esquí libre.

Pola tarde, realizaron diversos talleres, fixeron pompóns e visitaron o centro de interpretación da pita do monte. Ata tiveron discoteca!!

Pasáronno xenial!!!

 

 

XORNADA DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS EN SAN CIPRIÁN - CERVO

O pasado venres 12 de xaneiro, o alumnado de Primaria acudíu a San Ciprián para difrutar de diferentes actividades en torno á prevención de incendios organizado polo Concello de Cervo.

Houbo lume simulado e persoal de Seguridade de Alcoa ofreceu un simulacro, que se sumou á "casiña de fume", as charlas, os consellos para evitar incendios, as proxeccións ou os talleres de respiración cardiopulmonar.

 

 

EXCURSIÓN Á ESTACIÓN INVERNAL DE SAN ISIDRO

Os pasados 20, 21 e 22 de febreiro,  alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria disfrutou da "Semana Branca" na estación invernal de esquí de San Isidro.

O obxectivo desta viaxe foi a de poñer aos nenos en contacto cun deporte pouco habitual nesta zona, desfrutar dunha paisaxe de alta montaña e desenrolar neles valores tales como a tolerancia, compañeirismo, autonomía persoal...

Esta saída foi organizada polo centro en colaboración coa ANPA.

A excursión resultou altamente gratificante tanto para o alumnado como para as familias e o profesorado.

 

<

Distribuir contido


by Dr. Radut