Estimadas familias,
O curso escolar dará comezo o vindeiro xoves 8 de setembro. Neste día o horario será de 10:00 a 14:00 horas e comedor escolar de 14:00 a 15:30 horas.
Durante o curso escolar, as entradas e saídas do centro realizaranse do seguinte xeito:
- - Cursos de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria: porta principal (Eduardo Pondal).
- - Cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria: acceso ao patio pola cancela da rúa Alfonso X.
- Poderán acceder a partir das 8:50 h., agás o 8 de setembro que será dende as 9:50.
- O alumnado entrará só, sendo o profesorado o encargado da súa custodia e a organización por cursos para a subida ás aulas.
- Aqueles pais que precisen acceder ao centro, poderán facelo unha vez o alumnado se incorpore ás súas aulas.
De outubro a maio, en horario de 15:30 a 17:00 horas, darán comezo as gardas de tarde de profesorado para o alumnado de comedor que por motivos de conciliación familiar precisen un tempo de custodia no centro.
REUNIÓNS PRINCIPIO DE CURSO:
- 1º de Educación Primaria: luns 12 de setembro ás 16:30 horas.
- 3º e 4º de Educación Primaria: luns 12 de setembro ás 16:00 horas.
- 6ºA e 6ºB de Educación Primaria: luns 12 de setembro ás 17:00 horas.
- 5º e 6º de Educación Infantil: mércores 14 de setembro ás 16:30 horas.
- 5º de Educación Primaria: martes 20 de setembro ás 16:00 horas.