Skip to Content

Admisión e matricula, Libros de textos, Becas e axudas, Circulares, Impresos

COMEZO CURSO 24/25

O mércores 11 de setembro dará comezo o curso escolar co seguinte horario:

- 4º Educación Infantil: segundo o horario do período de adaptación.

- 5º e 6º de Educación Infantil e Educación Primaria: de 10:00 a 14:00 h e comedor de 14:00 a 15:30 horas.

 

O xoves 12 de setembro empezaremos en horario habitual de 9:00 a 14:00 h e comedor escolar de 14:00 a 15:30 horas, agás o alumnado de 4º de Educación Infantil que completarán o horario establecido para o período de adaptación.

REUNIÓNS INICIO DE CURSO

Convócanse ás familias para a reunión xeral de titoría nas seguintes datas:

- 4º Educación Infantil: Xoves 5 de setembro, ás 17:00 horas.

- 5º Educación Infantil: Luns 23 de setembro, ás 16:30 horas.

- 6º Educación Infantil: Luns 23 de setembro, ás 16:30 horas.

- 1º Educación Primaria: Luns 23 de setembro, ás 17:30 horas.

- 2º Educación Primaria: Luns 23 de setembro, ás 17:30 horas.

- 3º Educación Primaria: Luns 16 de setembro, ás 17:00 horas.

- 4º Educación Primaria: Luns 16 de setembro, ás 17:00 horas.

- 5º Educación Primaria: Xoves 12 de setembro, ás 16:30 horas.

- 6º Educación Primaria: Xoves 12 de setembro, ás 16:30 horas.

REUNIÓN - 4º EDUCACIÓN INFANTIL - CURSO 24/25

SOLICITUDE PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/25

Aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2023/2024.

O prazo rematará o 21 de xuño de 2024.

Destinatarios:

- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria.

- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.

- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en Educación Primaria.

Forma de presentación:

- A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/25.

- Presentación no centro do modelo ED330B  e anexo II.

- Poderán realizar a solicitude na sede electrónica da xunta de Galicia, accedendo ao procedemento ED330B. Unha vez cubertos todos os datos, poderán gardala e obter o número de solicitude. Posteriormente, disporán das seguintes formas de presentación:

  • No centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación.
  • Na sede Electrónica da Xunta de Galicia empregando a Chave365.

Beneficiarios:

Poden consultar os requisitos segundo a renda per cápita familiar para a concesión das axudas  no seguinte enlace:

- ORDE do 7 de maio de 2024.

 

BECAS NEAE

O prazo de solicitudes de axudas para alumnado de necesidades específicas de apoio educativo para o vindeiro curso escolar, 2024/2025, está aberto dende o pasdo 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024.

ENLACE Á CONVOCATORIA E DESCARGA DE IMPRESOS

 

 

SOLICITUDE ADMISIÓN - CURSO 2024 / 2025

O prazo de presentación de solicitude de admisión comprende entre o día 1 e o 20 de marzo (ambos incluídos).

A solicitude (ED550B galego - ED550B castelán) pode presentarse no centro educativo ou por vía electrónica, a través da aplicación informática admisiónalumnado, para o que se precisa un certificado de indentidade e sinatura dixital ou o sistema de clave como a Chave365.

En ambos casos será necesario presentar a documentación que, de ser o caso, fose precisa (Libro de familia, DNIs dos membros da familia, padrón municipal, sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas...).

 

O 25 de abril publicarase a través da aplicación informática (admisión alumnado) e no taboleiro interior do centro, a listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido por curso, abrindo un prazo de 5 días hábiles para formular reclamacións.

A publicación das listaxes definitivas será o 15 de maio.

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

RESERVA PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN

Iníciase o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025, para o alumnado de 6º de primaria que desexe reservar a praza no centro de adscrición (IES de Foz).

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá dende o 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024.

As familias poderán cumprimentar as solicitude de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación admisionalumnado.

SOLICITUDE

ADMISIONALUMNADO

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe (CEIP Plurilingüe de Foz número 1) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Precedemento Admnistrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste caso deberan descargar a solicitude e presentala no centro educativo.

INFORMACIÓN XERAL

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut