Skip to Content

Erasmus+ 2019/2022

MOBILIDADE - FINLANDIA

Con esta mobilidade, cerramos o proxecto iniciado no curso 2019 para a primeira solicitude de participación do centro nun programa Erasmus+ de mobilidade de profesorado.

Novamente, dous mestres, Juan Couto Mon e Noelia López Montero, realizaron un curso para o coñecemento do sistema educativo finlandés, etapa inicial (preescolar, infantil e primaria).

Desprazáronse a Finlandia dende o 10 ao 16 de abril de 2022. Un curso moi completo no que recibiron información moi detallada e de man de profesionais do sistema educativo finlandés, ademais de visitar centros educativos comprobando a dinámica de traballo dentro das aulas docentes.

MOBILIDADE - DUBLÍN

No período do 20 ao 26 de febreiro de 2022, os mestres Mari Luz Marcos e Juan Couto, realizaron a segunda das mobilidades do programa Erasmus+.

Nesta ocasión, desprazáronse ata Dublín para realizar un programa de traballo baseado na mellora da competencia lingüística en inglés.

 

MOBILIDADE - FLORENCIA

Comezamos as mobilidades de profesorado dentro do programa "Erasmus+" no que participa o centro. Nesta primeira viaxe, as nosas compañeiras Andrea e Noelia, estiveron en Florencia dende o 11 ao 17 de outubro, participando nun curso de inclusión educativa: "Designing Inclusive Learning Environments (ILE) to support all students (DILEs)".

Aproveitaron tamén, para realizar diferentes visitas culturais así como coñecer a rexión da Toscana.

Distribuir contido


by Dr. Radut