Skip to Content

Comunicacións

ADMISIÓN USUARIOS COMEDOR - CURSO 24/25

Publicada a instrución 2/2024 pola que se regula o funcionamento dos comedores escolares, ábrese o prazo para realizar a solicitude de comedor para o curso escolar 24/25.

Todo aquel alumnado que desexe continuar co uso do comedor escolar, así como aqueles que queiran solicitar praza, deberán presentar no centro o modelo de autodeclaración antes do xoves 27 de xuño.

MODELO AUTODECLARACIÓN COMEDOR

 

INFORMACIÓN COMEDOR - INICIO DE CURSO

- URXENTE: Entregar no centro o modelo de autodeclaración antes do 11 de setembro (enlace).

- Aquelas familias que teñan que abonar o comedor escolar, presentar o modelo correspondente antes do 15 de setembro (enlace).

- Todas as dietas (intolerancias, alerxias...) deben presentar un informe médico actualizado.

- As dietas sen cerdo/carne, deben ser solicitadas por escrito á dirección do centro polos pais ou titores legais do alumnado (enlace).

 

COMEDOR ESCOLAR 23-24

Publicada (3/07/23) a instrucción para o funcionamento do comedor escolar no curso 2023-2024 (enlace).

Os usuarios de comedor deberán:

- Reservar a praza no mesmo antes do 10 de xullo, a través do seguinte formulario: "Reserva praza comedor escolar".

- Entregar no centro o modelo de autodeclaración (enlace), antes do 7 de setembro, poden entregalo presencialmente no centro ou a través do correo electrónico. Para facer uso do comedor será imprescindible ter entregado este modelo na data indicada.

- Comunicar a non asistencia ao comedor escolar na frecuencia solicitada antes das 9:30 horas dese día. Aqueles usuarios que falten en tres ocasións sen comunicalo en tempo serán privados durante 10 días do uso do mesmo.

- Os usuarios que durante o prazo dun mes de xeito continuado non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán automaticamente baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas ante a dirección do centro educativo.

- Calculadora para facilitar ás familias o cálculo do importe das tarifas polo uso do servizo de comedor escolar: enlace.

- Normas de comedor.

 

 

MODELO AUTODECLARACIÓN - 2023/2024

PROTOCOLO COMEDOR ESCOLAR

Publicamos o protocolo de comedor escolar, presentado no Claustro de profesores o pasado 14/02/2022 e avaliado no Consello Escolar do 15/02/2022.

Revisado no Claustro e Consello Escolar o 30/10/2023.

PROTOCOLO COMEDOR ESCOLAR

Distribuir contido


by Dr. Radut