A proposta "Del Consejo General de la Educación Física y el Deporte", o 17 de abril conmemoramos o "Día da Educación Física na Rúa".
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria saíu dentro da xornada escolar, onde realizou a sesión de Educación Física nos parques da localidade, baixo o lema "Educación Física e Saúde Mental".
Este día nace co fin de expoñer á sociedade os beneficios das actividades físicas variadas, dándolles visibilidade en espazos públicos.
Pasamos unha xornada moi divertida!