Skip to Content

COMEDOR ESCOLAR 23-24

Publicada (3/07/23) a instrucción para o funcionamento do comedor escolar no curso 2023-2024 (enlace).

Os usuarios de comedor deberán:

- Reservar a praza no mesmo antes do 10 de xullo, a través do seguinte formulario: "Reserva praza comedor escolar".

- Entregar no centro o modelo de autodeclaración (enlace), antes do 7 de setembro, poden entregalo presencialmente no centro ou a través do correo electrónico. Para facer uso do comedor será imprescindible ter entregado este modelo na data indicada.

- Comunicar a non asistencia ao comedor escolar na frecuencia solicitada antes das 9:30 horas dese día. Aqueles usuarios que falten en tres ocasións sen comunicalo en tempo serán privados durante 10 días do uso do mesmo.

- Os usuarios que durante o prazo dun mes de xeito continuado non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán automaticamente baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas ante a dirección do centro educativo.

- Calculadora para facilitar ás familias o cálculo do importe das tarifas polo uso do servizo de comedor escolar: enlace.

- Normas de comedor.

 

 



page | by Dr. Radut