Skip to Content

MOBILIDADE - FINLANDIA

Con esta mobilidade, cerramos o proxecto iniciado no curso 2019 para a primeira solicitude de participación do centro nun programa Erasmus+ de mobilidade de profesorado.

Novamente, dous mestres, Juan Couto Mon e Noelia López Montero, realizaron un curso para o coñecemento do sistema educativo finlandés, etapa inicial (preescolar, infantil e primaria).

Desprazáronse a Finlandia dende o 10 ao 16 de abril de 2022. Un curso moi completo no que recibiron información moi detallada e de man de profesionais do sistema educativo finlandés, ademais de visitar centros educativos comprobando a dinámica de traballo dentro das aulas docentes.



page | by Dr. Radut