Estivemos encantados de colaborar coa ANPA do cole na elaboración de diferentes cartaces relacionados co "Día Internacional contra a violencia de xénero".
Dende a ANPA, en colaboración co Concello e coa ACIA de Foz, financiado pola Xunta de Galicia (Secretaría de Igualdade), lanzaron unha campaña de sensibilización para conmemorar o 25N.
A campaña consistíu en que cada nena e neno do noso cole, debuxara un cartel para reivindicar esta data. Os carteis distribuíronse polos establecementos do concello a través da ACIA - CCA de Foz.
Pola súa parte o Concello de Foz fixo un mural cos carteis máis representativos e este poderá verse no acto que terá lugar o 25N ás 19:30 horas na praza do Concello.
Así de bonito quedou o cartaz!