Comezamos as mobilidades de profesorado dentro do programa "Erasmus+" no que participa o centro. Nesta primeira viaxe, as nosas compañeiras Andrea e Noelia, estiveron en Florencia dende o 11 ao 17 de outubro, participando nun curso de inclusión educativa: "Designing Inclusive Learning Environments (ILE) to support all students (DILEs)".
Aproveitaron tamén, para realizar diferentes visitas culturais así como coñecer a rexión da Toscana.