Skip to Content

ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA ANPA

Queremos agradecer á ANPA as actividades que está a desenvolver no centro relacionadas co seu proxecto de igualdade, "Educar en igualdade: eu coido".

Co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria estanse realizando uns obradoiros adicados á afectividade sexual con Raquel Graña. O obxectivo é o coñecemento individual de cada neno e nena para entenderse e entender aos demáis.

No caso de educación infantil e 1º e 2º de primaria, é a escritora Antía Yáñez a encargada de traballar dende os contos o sexismo que non vemos día a día e que o podan entender os nosos nenos e nenas.

No seguinte enlace tedes a información destes obradoiros na páxina web da ANPA:

PROXECTO DE IGUALDADE. ANPA DO CEIP PLURILINGÜE DE FOZ NÚMERO 1



page | by Dr. Radut