Publicada a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).
Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.
Alumnado destinatario:
1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circustancias, pero:
a) Pertenza a familia cunha renda percápita igual ou inferior a 6.000€ no exercicio do 2018.
b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.
A solicitude será única para todos os fillos e deberá presentarse polos pais, nais ou titores legais no centro educativo a través do formulario "Anexo I" (dispoñible no documento adxunto ou en https://sede.xunta.gal).
Documentación complementaria:
- Anexo II
- Copia do libro de familia ou documento equivalente.
- En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
O prazo para presentar as solicitudes é de 10 días hábiles dende o seguinte día da publicación da orde.
Mais información: