Skip to Content

INICIO DE CURSO 20/21

Estimadas familias,

Ante o inminente comezo do curso escolar unido á natural preocupación provocada pola pandemia COVID19, queremos comunicarlles que o centro está tomando as medidas necesarias segundo o "Protocolo de adaptación ao contexto da COVID19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/21", publicado o 22/07/2020, así como o consenso estatal acadado para o inicio do curso escolar, publicado o 27/08/2020.

Á maior brevidade posible, antes do comezo das clases, transmitiremos ás familias toda a información relacionada co inicio do curso, así como a adaptación do protocolo ao noso centro.

Ademais, toda a documentación relacionada será publicada na web do centro.

A partir do 1 de setembro, deberán permanecer atentos á información recibida por Abalar Móbil.

 

Un saúdo,

O Equipo Directivo.



page | by Dr. Radut