Os alumnos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil visitaron o parque de bombeiros de Barreiros.
Puideron ver, como é a xornada de traballo dos bombeiros no parque; as actividades que realizan diariamente: prepararse físicamente no ximnasio, estudar na sala de estudio, recibir as chamadas de emerxencia na sala de control ou oficina; comer, durmir, ducharse... nas distintas dependencias da zona de vivenda, facer a limpeza do parque...
Pero o máis divertido foi poñer as chaquetas e os cascos coma os bombeiros, uff... como pesan! E subir aos camións, tocar as sirenas, falar polas emisoras...Queee divertidooo..., pasámolo xenial!!! tamén nos deixaron xogar coas mangueiras, eso sí, necesitamos da súa axuda, con que forza sae o chorro de auga!!!
Para rematar viron como desplegaban as escaleiras e subían mooii, moii alto as/os profes no cesto.
Recomendamos esta visita a todo o mundo!!!
No seguinte enlace podedes ver fotos desta visita: