O alumnado de 6º de E.I., acompañado da súa titora e o mestre de apoio, fomos ver a Sancho ao seu obradoiro. Él é carpinteiro, puidemos ver moitas cousas no seu taller, as ferramentas de traballo..., o que máis nos chamou a atención foi a "serra" que tiña colgada enriba da porta (case todos/as, a debuxamos logo na clase), e tamén o "cepillo", entre moitas outras que él nos amosou. Había moitos mobles, de todo tipo: aparadores, cadeiras, bancos, cadros, marcos, casiñas de gatos, paxaros e moitos xoguetes.
Ensinóunolos todos: coches, barcos, avións, paxaros, a árbore musical (encantounos a todas/os), xogamos un anaquiño con ela. Pero o que máis, máis nos sorprendeu e chamou a atención, foron os "xoguetes africanos"!!.
Hoxe, na actualidade, os carpinteiros dispoñen de moita axuda con tantas máquinas, para realizar o seu traballo. Os artesáns carpinteiros da Idade Media, tiñan que facer todo de forma manual, porque non existían as máquinas.
Aplaudímoslle e démoslle moitas grazas a Sancho, foi moi paciente e agradable con nós, deixounos xogar cos xoguetes que él mesmo fixo para os seus netiños, ee... animounos a descubrir este oficio coa axuda dos nosos pais, e non pasar tanto tempo na TV nin coas maquiniñas... Qué bo consello nos deu!.
Moitas grazas de novo por recibirnos, Sancho.
Marzo de 2019.