O pasado xoves 21 de marzo, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, visitou a "Feira da Ciencia" organizada polo IES Galileo Galilei de Navia.
Alí, por grupos acompañados de "alumnos - monitores", visitaron os distintos stands e acudiron aos obradoiros programados: scape room e taller de xeometría.
A continuación fixeron a visita guiada ao Castro de Coaña onde aprenderon sobre a vida dos nosos antepasados.
Para rematar a xornada tivemos un tempo de lecer na área recreativa da praia de Navia onde xantaron e xogaron.
foi un día moi completo onde conxugamos ciencia e historia.