Skip to Content

ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA ANPA

Queremos agradecer á ANPA as actividades que está a desenvolver no centro relacionadas co seu proxecto de igualdade, "Educar en igualdade: eu coido".

Co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria estanse realizando uns obradoiros adicados á afectividade sexual con Raquel Graña. O obxectivo é o coñecemento individual de cada neno e nena para entenderse e entender aos demáis.

PROCEDEMENTO PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Publicada a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.

Alumnado destinatario:

ENQUISA SOBRE DISPOÑIBILIDADE TECNOLÓXICA

Necesitamos coñecer as posibilidades tecnolóxicas das familias para ter en conta no caso dun confinamento.

É especialmente importante que cada familia cubra o seguinte cuestionario.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

CONTENEDORES NOVOS PARA RECICLAR!

Dende o cole queremos agradecer o traballo da ANPA e a implicación e colaboración que sempre amosa co Centro.

Grazas ao proxecto de "Voz Natura" no que levan implicados varios anos, puideron dotar ao centro de oito lotes composto por tres contenedores de reciclaxe cada un. Colocámolos en diferentes puntos comúns ao longo do cole.

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

PREMIO NO II CONCURSO DE PODCAST - RADIO NA BIBLIO

Orgullosos da nosa Biblio!! Dos nosos "Chicharriños nas Ondas"! e moi contentos por este premio no "II Concurso de podcast - Radio na biblio"

Podedes escoitalo no enlace ao blog da biblio:

Teatro radiofónico: "Auto do alugado ou encanto de Raboces".

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

A conmemoración deste ano para o "Día das bibliotecas escolares" foi un pouco diferente...

CONMEMORACIÓN: 24 DE OUTUBRO - DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

CURSO DE COMPETENCIAS DIXITAIS PARA PAIS E NAIS

Animamos ás familias a participar neste curso que propón a ANPA do Centro.

Os interesados en participan deben mandar un correo á ANPA para inscribirse: anpanumero1@gmail.com

DÍAS NON LECTIVOS

Informamos á comunidade que a data de hoxe concedéronse os días non lectivos de elección polo cetro educativo, sendo os seguintes:

- 2 de novembro.

- 14 de maio.

PROXECTO EDIXGAL CURSO 2020/21

Esta guía da resposta a cuestiós importantes sobre o PROXECTO EDIXGAL, para a familia do alumnado que participa neste proxecto.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut