No seguinte enlace podedes ver as novidades para este mes de marzo de 2018. Todas elas están relacionadas coa conmemoración do "Día internacional da muller"
Un dos actos de despedida do curso 2016/17 foi a escenificación por parte do grupo de teatro de pais/nais e mestres do noso colexio da obra " Xogando con gatos" orixinal de Antón Cortizas, que tivemos a honra de que nos acompañara nesta velada de teatro, ademais de realizar uns talleres con alumnos de primaria e logo que compartira comida de confraternidade con todos os que traballamos dun ou outro xeito na realización da obra que resultou un éxito e tivo o seu compoñente de emotividade.