Skip to Content

CARTEIS POLO 25N

Estivemos encantados de colaborar coa ANPA do cole na elaboración de diferentes cartaces relacionados co "Día Internacional contra a violencia de xénero".

Dende a ANPA, en colaboración co Concello e coa ACIA de Foz, financiado pola Xunta de Galicia (Secretaría de Igualdade), lanzaron unha campaña de sensibilización para conmemorar o 25N.

A campaña consistíu en que cada nena e neno do noso cole, debuxara un cartel para reivindicar esta data. Os carteis distribuíronse polos establecementos do concello a través da ACIA - CCA de Foz.

Pola súa parte o Concello de Foz fixo un mural cos carteis máis representativos e este poderá verse no acto que terá lugar o 25N ás 19:30 horas na praza do Concello.

Así de bonito quedou o cartaz!

 

25N

Compartimos enlace ao blog de biblioteca coa entrada relacionada con esta conmemoración.

ENLACE - 25 DE NOVEMBRO - CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

XOGOS NO PATIO

Queremos agradecer á ANPA do cole, o agasallo que nos fixo coas pinturas de diferentes xogos no patio do cole. Quedaron fantásticos!!!

INFORMACIÓN - INICIO DO CURSO ESCOLAR: 2021/22

Estimadas familias,

Ante todo, queremos darlles a benvida ao novo curso escolar, e transmitirlles a información básica para o comezo do curso.

Segundo as medidas recollidas no “Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19, publicado o 1/09/21”, en liñas xerais, manteranse as mesmas medidas de prevención do curso pasado. Poden consultar nos seguintes enlaces:

Tal e como recolle o protocolo de actuación frente á Covid-19, as reunións e titorías coas familias serán preferiblemente telefónicas ou por videoconferencia, agás que o obxecto das mesmas requirise a presencialidade. Tendo en conta isto, e que as medidas no centro serán similares ás do curso pasado, non se farán reunións grupais de inicio, agás nos cursos:

- 4º DE ED. INFANTIL (inicio no centro). Martes 7/09/21, ás 17:00h, na aula de referencia.

- 1º DE ED. PRIMARIA (cambio de etapa). Martes 7/09/21, ás 18:00h, na aula de referencia.

- 5º de ED. PRIMARIA (inicio E-DIXGAL). Serán citados no mes de setembro.

O comezo das clases será o vindeiro xoves 9 de setembro en horario de 10:00 a 14:00 horas. O alumnado de primaria accederá polo acceso indicado ao curso de 9:55 a 10:00, e o alumnado de infantil ás 10:05.

Para o primeiro día, será suficiente traer un estoxo e unha carpeta no caso do alumnado de primaria. Ese día, facilitaráselles a lista de material e as autorizacións a firmar polas familias para o presente curso escolar.

Recordamos a importancia de manter as medidas de prevención previstas e a puntualidade nas entradas e saídas.

Para calquera consulta, poden chamar aos teléfonos do centro (982870322 / 982870321 / 982870323) ou no correo electrónico (ceip.numero1.foz@edu.xunta.gal).

Desexándolles un bo comezo de curso,

Un saúdo,

O equipo de profesorado.

 

PREMIOS "XLII CERTAME - TERRA CHÁ"

Queremos dar a noraboa aos alumnos premiados no "XLII certame - Terra chá", seleccionados dun total de mil trescento vinteoito participantes das catro provincias galegas.

MODALIDADE DE DEBUXO.

  • Tema: "As nosas festas":

- ALEJANDRA FERNÁNDEZ MARTÍN.

- LUCAS BARREIRO RAMOS.

- ZAYD FARADI.

  •  Tema: "As mulleres na ciencia"

- ADRIÁN MASEDA DÍAZ.

- ADRIANA GARCÍA DÍAZ.

- IAGO PENA VILLARES.

Os premios serán entregados o sábado 28 de agosto dentro das actividades do XLII Festival de Pardiñas, ás 7 da tarde no Campo da Feira de Guitiriz, respectando as medidas sanitarias. Toda esa xornada haberá actividades coma música, obradoiros, grafiti, xogos...

VISITA DO XEFE TERRITORIAL DA CONSELLARÍA DO MAR

O pasado xoves dezasete de xuño veu visitarnos Don Pablo Fernández Asensio, Xefe Territorial de Lugo da Consellaría do Mar.

Pasou a facernos unha visita aos nenos e nenas de Educación Infantil e primeiro de Primaria logo de que por motivos alleos á súa vontade tivese que verse suspendida a viaxe que estaba programada ao angar onde ten a base o helicóptero Pesca Dous.

SOLICITUDE PRAZA COMEDOR

Para facer a reserva de praza no comedor escolar para o curso 2021/2022, deberase cubrir o seguinte formulario antes do 8 de xullo:

FORMULARIO - SOLICITUDE PRAZA COMEDOR

PREMIO - MURALLA DE LUGO

O pasado venres, Aroa Dovale Pérez de 6º de primaria, acompañada da súa mestra de plástica, Marisa Docobo Castro, acudiron a Lugo para recoller o primeiro premio do certame de debuxo da vixésima primeira edición dos "Premios Muralla".

Encantados e orgullosos de ver as vosas caras!! Noraboa ás dúas!!!!

 

FOZ, XENTE DE AQUÍ E DE ACOLÁ

Durante o bienio 2019/2021, traballamos no centro co Proxecto Documental Integrado, "Foz, xente de aquí e de acolá".

Rematados todos os traballos, deixámosvos o enlace ao blog para que podades velo.

BIBLIOCHICHARRÓN: "Foz, xente de aquí de acolá".

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2021/2022

Publicada a orde do 6 de maio de 2021 para a solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. (enlace)

DESTINATARIOS:

- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de primaria.

- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut