Skip to Content

Admisión e matricula, Libros de textos, Becas e axudas, Circulares, Impresos

AXUDAS PARA MATERIAL E LIBROS DE TEXTO

Informamos que dende mañá  (7 de xullo)  ata o 10 de xullo, poden pasar pola secretaría do centro para recoller os vales das axudas de fondos de libros e material escolar.

4º DE INFANTIL (3 ANOS) - REUNIÓN FAMILIAS

CONVÓCASE AOS PAIS DOS ALUMNOS DE 3 ANOS, DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO PARA O CURSO 2020/2021.

 

DÍA: Xoves 25 de xuño de 2020

LUGAR: Aula de Infantil (1ª á dereita).

CONVOCATORIA - FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Publicada a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021.

Os días e horas de recollida de impresos e entrega dos mesmos están recollidos no seguinte documento:

CITA - RECOLLIDA IMPRESOS

INSTRUCCIÓNS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e Innovación Educativa, publica o 27 de abril de 2020 as instruccións para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/2020, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

ENLACE Á RESOLUCIÓN

ORGANIZACIÓN DO TERCEIRO TRIMESTRE

Estimadas familias,

Queremos informalas das decisións tomadas no centro para o desenvolvemento deste terceiro trimestre.

En primeiro lugar queremos transmitir unha sensación de tranquilidade ás familias. Debemos seguir traballando e mantendo o contacto cos nosos alumnos pero pretendemos facelo con actividades de reforzo, repaso e profundización, sempre dende un punto de vista máis competencial que conceptual.

AXUDA MUNICIPAL EN TEMPO DE CUARENTENA

Dende o Concello de Foz infórmannos que ofrecen as seguintes axudas para aquelas familias que o precisen durante o tempo de confinamento:

 

-Adamo ofrece internet gratis a alumnos en emerxencia e carezan de conexión. A solicitude adxunta debe remitirse ao mail internetgratis@concellodefoz.es ou ben chamar directamente ao concello e dar os datos que se piden en dito documento.

 

AULA VIRTUAL

Recordamos que na aula virtual do cole hai materiais aos que podedes acceder, non tedes máis que premer na pestana da parte superior desta web.

 

AXUDAS - COMEDOR ESCOLAR

O martes 31 de marzo abre o prazo para que as familias soliciten as axudas de comedor escolar mentres estean suspendidas as clases presenciais.

No seguinte enlace podedes acceder á toda a información:

 

XUNTA DE GALICIA - AXUDA COMEDOR ESCOLAR

BLOG AULA MÚSICA

Informamos ás familias da creación dun blog da aula de música para promover actividades correspondentes á area neste periodo de confinamento:

CHICHARRIÑOS MUSICAIS

APRENDEMOS EN CASA

Informamos que a CRTVG, en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, emitirá de luns a venres pola G2 (entre as 11:00 e as 13:00horas), un bloque educativo para apoiar os estudantes galegos. A iniciativa busca facilitar un complemento educativo aos contidos que os alumnos reciben dos centros de ensino.

Dende o "Ministerio de educación y formación profesional", en colaboración con RTVE, tamén lanzan a iniciativa "Aprendemos en casa" co mesmo obxectivo. A programación neste caso é a seguinte:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut