Skip to Content

RESERVA DE PRAZA NO IES DE FOZ - ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para a reserva de praza no centro de adscrición (IES de Foz) para o alumnado de sexto de primaria, dende o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro.

Poderán facelo en calquera das seguintes formas:

- Cubrir o impreso correspondente (ED550A) e entregalo no CEIP Plurilingüe de Foz número 1.

- A través da aplicación admisión alumnado e presentando a solicitude no CEIP Plurilingüe de Foz número 1.

- Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (enlace). para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.

CANDIDATOS CONSELLO ESCOLAR

Publicado no taboleiro do centro as candidaturas presentadas para o Consello Escolar (poden acceder ao centro para a súa consulta).

Pregamos ás familias que o vindeiro mércores 23 de novembro, en horario de 9:00 a 9:30 e de 13:30 a 14:00 horas, pasen polo centro para votar no proceso de eleccións ao Consello Escolar.

INICIO DE CURSO

Estimadas familias,

O curso escolar dará comezo o vindeiro xoves 8 de setembro. Neste día o horario será de 10:00 a 14:00 horas e comedor escolar de 14:00 a 15:30 horas.

Durante o curso escolar, as entradas e saídas do centro realizaranse do seguinte xeito:

-          -  Cursos de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria: porta principal (Eduardo Pondal).

-          -  Cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria: acceso ao patio pola cancela da rúa Alfonso X.

-          Poderán acceder a partir das 8:50 h., agás o 8 de setembro que será dende as 9:50.

-          O alumnado entrará só, sendo o profesorado o encargado da súa custodia e a organización por cursos para a subida ás aulas.

-          Aqueles pais que precisen acceder ao centro, poderán facelo unha vez o alumnado se incorpore ás súas aulas.

De outubro a maio, en horario de 15:30 a 17:00 horas, darán comezo as gardas de tarde de profesorado para o alumnado de comedor que por motivos de conciliación familiar precisen un tempo de custodia no centro.

REUNIÓNS PRINCIPIO DE CURSO:

-          1º de Educación Primaria: luns 12 de setembro ás 16:30 horas.

-      3º e 4º de Educación Primaria: luns 12 de setembro ás 16:00 horas.

-          6ºA e 6ºB de Educación Primaria: luns 12 de setembro ás 17:00 horas.

-          5º e 6º de Educación Infantil: mércores 14 de setembro ás 16:30 horas.

-          5º de Educación Primaria: martes 20 de setembro ás 16:00 horas.

XORNAL ESCOLAR - PAROLADAS Nº 60

INFORMACIÓN COVID

Publicación da comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a Xestión de contactos estreitos covid-19 no ámbito educativo:

COMUNICACIÓN

RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS PARA CONTACTOS ESTREITOS

PLAN DE CONVIVENCIA

Dentro do contexto de traballo do "Contrato Programa: Convive-T" no que participa o centro, en prol dunha mellora da convivencia, elaboramos a seguinte presentación cos puntos máis relevantes recollidos no Plan de Convivencia, incluido nas Normas de Organización e Funcionamento do Centro.

A finalidade é poder achegar dun xeito máis dinámico a toda a comunidade educativa, as normas básicas para xeral un bo clima escolar.

PLAN DE CONVIVENCIA

PROTOCOLO COMEDOR ESCOLAR

Publicamos o protocolo de comedor escolar, presentado no Claustro de profesores o pasado 14/02/2022 e avaliado no Consello Escolar do 15/02/2022.

Revisado no Claustro e Consello Escolar o 30/10/2023.

PROTOCOLO COMEDOR ESCOLAR

ACTUACIÓN ANTE AUTODIAGNÓSTICO POSITIVO EN COVID19

Aquelas persoas que obteñan un resultado positivo nunha proba de antíxenos de autodiagnóstico serán considerados directamente como un caso confirmado. Polo tanto, estas persoas deberán seguir as medidas de illamento. Para poder realizar o seguimento e estudo do caso confirmado, deberá notificarse o positivo a Saúde Pública e ao centro educativo.

Realizado o autodiagnostico na casa con resultado positivo deben cubrir o formulario de DECLARACIÓN RESPONSABLE DE AUTOTEST POSITIVO dispoñible na páxina web do coronavirus (enlace) ou chamar ao 881540045.

 

VOLTA ÁS AULAS

Estimadas familias,

Dada a situación de alta transmisibilidade na que nos atopamos cremos que é necesario extremar as precaucións establecidas nos protocolos COVID, insistindo no uso axeitado da máscara, na ventilación cruzada e no establecemento dos grupos burbulla, de acordo ás pautas do protocolo.

Segundo as novas pautas establecidas a nivel nacional, os casos activos deberán seguir un illamento de 7 días máis 3 de vixilancia activa contados desde o inicio de síntomas ou a toma de mostra para proba diagnóstica no caso de asintomáticos.

Os contactos estreitos de 12 ou máis anos coa pauta vacinal completa, seguirán unha vixilancia activa durante 7 días. Os menores de 12 anos, sen pauta vacinal completa, deberán facer unha corentena de 7 días máis 3 de vixilancia activa.

En todo caso os períodos de corentenas e illamentos serán os que Sanidade paute nas súas guías ou protocolos que se irán adaptando á situación cambiante.

Agradecendo o gran esforzo que toda a Comunidade Educativa está a facer para conter a expansión deste virus, recibide un cordial saúdo.

ASPECTOS PRINCIPAIS - VOLTA ÁS AULAS

Distribuir contido


by Dr. Radut