Skip to Content

Admisión e matricula, Libros de textos, Becas e axudas, Circulares, Impresos

INFORMACIÓN COMEDOR

- MOI IMPORTANTE avisar da non asistencia ao comedor ou da asistencia como comensais esporádicos hai que avisar no teléfono 982870321, antes das 9:30 horas.

- Importante para o alumnado con praza de comedor, independientemente da decisión da asistencia, é necesario enviar o formulario da declaración da renda.

- Actualizar os datos do alumnado con intolerancias e alerxias alimenticias.

CADRO RESUMO HORARIO DAS SAÍDAS DO COMEDOR

RESUMO HORARIO DE ENTRADAS E SAÍDAS

CONVOCATORIA ASAMBLEA DA ANPA

INCORPORACIÓN ESCALONADA ÁS AULAS

O curso escolar comeza o día 10 de setembro coa incorporación gradual do alumnado:

- O xoves día 10, incorporaráse o alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos), 5º de Educación Infantil (4 anos), 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

- O venres día 11, incorporaráse o alumnado de 6º de Educación Infantil (5 anos), 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

O VENRES DÍA 11 ACUDIRÁ TODO O ALUMNADO DO CENTRO

 

IMPRESOS

Nos seguintes enlaces inclúense os diferentes modelos de autorización a firmar (de ser o caso) polas familias. Poderán entregalas a través dos fillos ou no enderezo de correo electrónico ceip.numero1.foz@edu.xunta.es

MATRÍCULA EXTRAORDINARIA - GALEGO

MATRÍCULA EXTRAORDINARIA - CASTELÁN

FUNCIONAMENTO COMEDOR ESCOLAR

No seguinte documento recollemos información sobre o comedor escolar:

INFORMACIÓN - COMEDOR ESCOLAR

REUNIÓNS INICIO DE CURSO

Estimadas familias,

 

Queremos convocalas a unha reunión informativa para o comezo do curso escolar, marcado polo protocolo COVID - 19 que se realizará no salón de actos (entrada pola rúa "Alfonso X, el Sabio").

Realizaremos unha reunión por curso (non é necesario acudir a máis dunha no caso de ter varios fillos no centro).

Pregamos puntualidade para non retrasar o horario de reunións e cumprir co protocolo de hixiene e desinfección entre cada unha delas.

INFORMACIÓN INICIO CURSO 20/21

No seguinte documento teñen información relativa ao comezo do curso escolar 20/21.

 

INFORMACIÓN INICIO DE CURSO

INICIO DE CURSO 20/21

Estimadas familias,

Ante o inminente comezo do curso escolar unido á natural preocupación provocada pola pandemia COVID19, queremos comunicarlles que o centro está tomando as medidas necesarias segundo o "Protocolo de adaptación ao contexto da COVID19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/21", publicado o 22/07/2020, así como o consenso estatal acadado para o inicio do curso escolar, publicado o 27/08/2020.

Distribuir contido


by Dr. Radut