Comunicamos que xa están actualizados os datos telefónicos de todas as familias do CEIP Novo Mesoiro.
Polo tanto, os que xa coñecedes a aplicación e o seu funcionamento, pedímosvos que comprobedes que o acceso é correcto e sen erros.
As familias de 4º de Educación Infantil, na maioría dos casos, é a primeira vez que oídes falar desta aplicación. Por esta razón, deixámosvos este enlace á páxina web corporativa de ABALAR MÓBIL, máis un documento anexo para consultar como descargar a aplicación, como iniciar sesión, como é o seu funcionamento... Tamén un enlace ás preguntas máis frecuentes.
En xeral, a familia que teña calquer erro ou pregunta sobre ABALAR MÓBIL, non dubidedes en escribirnos un correo electrónico ao centro.
Esta semana, o equipo directivo máis os titores e titoras, enviarán algunha mensaxe de proba ao grupo de familias para comprobar que todo funciona correctamente.
Un cordial saúdo.
Anexo | Tamaño |
---|---|
guia-mobil-familias-castellano.pdf | 1.74 MB |