Skip to Content

ADMISIÓN 2024-2025

6º EDUCACIÓN INFANTIL: Solicitude admitida.

1º EDUCACIÓN PRIMARIA: Sen prazas.

6º EDUCACIÓN PRIMARIA: Solicitude admitida

4º EDUCACIÓN INFANTIL:

Os postos escolares NON SON SUFICIENTES para atender todas as solicitudes.

Polo tanto, temos que baremar:

PRAZO DE ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN: DE XEITO PRESENCIAL NO CENTRO EDUCATIVO.

Do 21 de marzo ao 5 de abril.

*** O centro estará pechado do 25 ao 1 de abril (incluído)***

HORARIO DE ENTREGA:

XOVES:  13:10-14:00

VENRES: 9:00-9:50 ou de 13:10-14:00

LUNS: 9:00-9:50 ou de 13:10-14:00

MARTES : 9:00-9:50 ou de 13:10-14:00

MÉRCORES: 9:00-9:50 ou de 13:10-14:00

 

DOCUMENTACIÓN :

As persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación (Aquelas que non o entregasen xa coa solicitude) :

  • Documento acreditativo da representación.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor.
  • Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar, que deberá indicar a data de alta e estar expedido no ano anterior ao inicio do prazo de presentación de solicitudes. Se a residencia no domicilio for inferior a 1 ano, deberá, achegar ademais escritura de compra, contrato de alugumento ou título que lexitima a ocupación da vivenda, así como recibos acreditativos do pagamento de subministracións (auga, luz...).
  • Lugar de traballo. Persoa traballadora por conta allea: contrato de traballo en que conste o enderezo do centro de traballo e informe de vida laboral obtido no ano natural do procedemento de admisión.
  • Lugar de traballo. Persoa traballadora por conta propia: certificado de alta no censo de actividades económicas da AEAT en que conste o enderezo do centro de traballo ou licenza de apertura ou actividade do concello, se non está obrigado a estar de alta no dito censo.
  • Lugar de traballo. Persoal ao servizo das administracións públicas: certificado da unidade de persoal en que conste o enderezo do centro de traballo.
  • Libro de familia ou certificación de parto múltiple.
  • Documentación xustificativa da condición de familia monoparental.
  • Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da familia non expedido pola Administración autonómica.
  • Documentación xustificativa da condición de vítima de violencia de xénero de acordo co artigo 5 da Lei 11/2007, do 7 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Certificado de vítima de terrorismo de acordo coa Lei 29/2011, do 22 de setembro, de recoñecemento e protección integral ás vítimas do terrorismo.
  • Certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que as persoas proxenitoras ou titoras carezan de DNI ou NIE.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código, o centro docente ou o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

 En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación e reflectir a situación persoal e familiar na data de inicio do prazo de presentación de solicitudes, agás a situación económica, que será a do exercicio fiscal anterior en 2 anos ao ano natural da solicitude.

***Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administración públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta***

 

Pode consultar no documento anexo os criterios de baremación

 

QUE ACONTECE DESPOIS?

En caso de empate na puntuación total, resolverase atendendo á maior puntuación obtida en cada un dos criterios de baremo seguindo a orde de prelación do artigo 13 da Orde do 21 de outubro de 2023.

-       Publicación da listaxe provisional o 25 de abril

-       No prazo de 5 días hábiles (ATA O 3 DE MAIO) contados a partir do seguinte ao da súa publicación,poderase reclamar ante o consello escolar.

-       A persoa solicitante ou, de ser o caso, a súa representante, a outra persoa proxenitora, titora ou acolledora do alumnado, ou o propio alumno maior de idade ou menor emancipado, sempre que teñan solicitude de admisión presentada en prazo, poderán consultar na secretaría do centro as listaxes coas puntuacións provisionais e definitivas desagregadas dos distintos criterios de admisión do alumnado do mesmo curso e centro, logo de acreditación da súa identidade e logo de asinar un compromiso de uso e confidencialidade.

-       O 15 de maio publicarase a listaxe definitiva.

 

AnexoTamaño
CRITERIOS DE BAREMACION.pdf625.46 KB


blog | by Dr. Radut