Skip to Content

FONDO SOLIDARIO

Queridas familias:

Publicada a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

Poderase solicitar:

- Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º,4º, 5º e 6º de E.P.

- Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado de 1º e 2º de E.Primaria.

- Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria.

 

Por suposto, para a concesión destas axudas terase en conta a renta per cápita da unidade familiar, situacións de garda ou tutela...(Ver bases da convocatoria).

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día 20 de MAIO e rematará o día 22 de XUÑO de 2022 (este incluído).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal; ou ben  na secretaría do centro (de forma presencial) en horario de LUNS  e XOVES (13:10 - 14:00) e VENRES (09:00 a 09:50).

*(Deberase traer copia da primeira folla para compulsar)

*Deixamos en adxunto os ANEXOS para descargar e na conserxería tamén  teñen dispoñibles as copias impresas.

 

* Documentación Complementaria:

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

- ANEXO II.

- Copia do libro de familia.

- En caso de separación/divorcio, a sentencia xudicial ou convenio regulador.

- Certificado de discapacidade.

- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.

- Resolución xudicial por incapacitación con patria potestade.

- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores.

- Certificado de convivencia, no caso de carecer de DNI.

 

(NO CENTRO NON SE REALIZARÁN FOTOCOPIAS DE DOCUMENTOS PERSOAIS)

 

Calquer información ou dúbida  atenderémosvos telefónicamente ou polo correo electrónico do centro.

Un cordial saúdo.

O equipo directivo.

AnexoTamaño
Orde 10 maio 2023.pdf1.16 MB
ANEXO II.pdf990.49 KB
ANEXO I Y II.pdf1.61 MB


blog | by Dr. Radut