Skip to Content

ENTRADAS E SAÍDAS CON CHOIVA

Queridas familias:

Os días de choiva (de xeito excepcional) permitirase a entrada dun dos proxenitores. Soamente un acompañante por neno/a.

No caso do alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de primaria:

-        - 

PARA ENTRAR: Accederá unha persoa pola rampa, deixará ao neno no hall e subirá polas escaleiras. Seguindo as frechas marcadas no chan. O neno e nena (limparán os pés na alfombra e as mans co xel) e dirixiranse para a súa aula. Precisamos que no momento que deixen o neno/a o acompañante marche, para así non aglomerar xente nas entradas. Haberá profesorado de garda na porta pequena de entrada e outra no hall.

-      -   

PARA SAÍR: Accederá unha persoa polas escaleiras (sempre con mascarilla), collerá ao seu neno/a no momento que llo indique o profesorado e subirá pola rampa seguindo as frechas sinaladas. Mentres esperan deben manter a distancia de seguridade co resto das familias.

 

Para o alumnado de 3º,4º,5º, e 6º de Educación Primaria:

PARA ENTRAR: Accederá un único acompañante e seguirá as frechas marcadas. Deixará ao neno/a na porta do ximnasio e este irá a súa aula. De seguido continuará o camiño de volta seguindo as frechas de saída. Haberá profesorado de garda na porta de entrada ao ximnasio.

 

-       -  

PARA SAÍR: Accederá unha persoa e seguirá as frechas marcadas de entrada. Acudirá a porta do ximnasio, recollerá ao neno/a e seguirá o camiño de novo ata a porta. Sempre con mascarilla e respectando as distancias de seguridade.

-   

LEMBRADE!!!

-       

É fundamental e obrigatorio o USO DE MASCARILLA.

-       

HABERÁ un mestre de GARDA para indicar os accesos.

-       

PEDIMOS responsabilidade de respectar as distancias e non xuntarnos nas entradas e saídas.

-       

NON SE PODERÁN FACER CONSULTAS AOS TITORES NESE MOMENTO, SOAMENTE É MOMENTO DE RECOLLER E DEIXAR AOS ALUMNOS.

-       

OS TURNOS DE ENTRADA E SAÍDA SON OS ESTABALECIDOS. PRIMEIRO PARA O GRUPO A E SUCESIVAMENTE O B.

 

ESTA PROPOSTA FOI CONSENSUADA NO ClAUSTRO DE PROFESORES E COA ANPA.

 

Un cordial saúdo



book | by Dr. Radut