EXCURSIÓN A VIGO

O Luns día 27 de Abril, os nenos e nenas de 3º de Primaria, fixemos unha excursión a Vigo cos nosos mestres e mestras.
A nosa primeira parada foi a praia de Samil. Pero antes de chegar alí pasámolo moi ben durante a viaxe, xa que dende o autobús puidemos divisar a ponte de Rande, a zona franca de Vigo, as bateas, o porto ... Por certo, tivemos a enorme sorte de poder ver dende lonxe o cruceiro máis grande do mundo que estaba atracado en Vigo: “ Independence of the seas” !! Por este motivo a cidade estaba chea de estranxeiros, tamén coñecidos coma “guiris”. Unha das nosas mestras explicounos que os “guiris” sempre levan sandalias con calcetíns brancos, pantalóns cortos e unha mochila chea de mapas, comida, auga, toallas... aínda que faga un frío que pela, coma era o caso ese día!

Cando chegamos a Samil, merendamos e tivemos un dos recreos máis longos do ano. Xogamos e tamén demos unha volta polo paseo marítimo todos xuntos.

A media mañá dirixímonos ao centro da cidade para ver unha película de debuxos animados, da que disfrutamos enormemente, no recinto teatral de Caixa Nova.

Esperamos que vos gusten as nosas fotos!