Libros de texto
LIBROS DE TEXTO 22-23
Durante o vindeiro curso escolar 2022-2023 contaremos co seguinte listado de Libros de Texto (ficheiro engadido). É importante indicar que:
- No 1º e 2º nivel da Educación Primaria, o alumnado deberá mercar os libros de texto ao ser estes funxibles.
- Contamos con Fondo de Libros Solidario nos niveis de 3º e 4º de Educación Primaria. Os listados das adxudicacións estarán expostos no taboleiro interior ao centro. Contactade co centro se tedes dúbidas.
- O alumnado de 5º e 6º nivel de Educación Primaria está inscrito no programa de Educación Dixital- " E- Dixgal" polo que non terá libro de texto nin acceso ao fondo de libros. Si a axuda de material escolar.
CONVOCATORIA FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 22-23
FONDO SOLIDARIO, AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR- CURSO 2022/2023
Normativa de referencia: ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación do fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundarias obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 18 de maio de 2022).
1.-PERSOAS BENEFICIARIAS
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS NO FONDO DE LIBROS 21-22
Tras revisar e visar as solicitudes de Fondo de Libros para o vindeiro curso, e seguindo as indicacións da Orde do 6 de maio (DOG 20 de maio de 2021) na que se regula a participación no fondo solidario de texto para o curso 2021/2022, pasamos a publicar no taboleiro interior do Centro as listaxes provisionais de admitidos (NON hai excluídos). As listaxes definitivas publicaranse o 20 de xullo.
Para consultar a listaxe de admitidos de xeito telemático, poden acceder á páxina de Fondolibros do Portal Educativo.
Para calquera dúbida ou aclaración poden chamar ao centro educativo de 10.30 a 13.30.
LIBROS DE TEXTO 2021-2022
Durante o vindeiro curso escolar 2021-2022 contaremos co seguinte listado de Libros de Texto (ficheiro engadido). É importante indicar que:
- No 1º e 2º nivel da Educación Primaria, o alumnado deberá mercar os libros de texto ao ser estes funxibles.
- Contamos con Fondo de Libros Solidario nos niveis de 3º e 4º de Educación Primaria.
- O alumnado de 5º e 6º nivel de Educación Primaria está inscrito no programa de Educación Dixital- " E- Dixgal" polo que non terá libro de texto.
CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
CIRCULAR FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
(Curso 2021-2022)