Matrícula

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS (só para alumnado de 6º EP)

Ábrese o prazo para facer a RESERVA DE PRAZA (11 de xaneiro ata o 8 de febreiro 2021) para os alumnos e alumnas que no vindeiro curso, 2021-2022, pasan a 1º ESO no centro aos que está adscrito o CEIP Nosa Señora das Dores: IES CHANO PIÑEIRO.

 Para cubrir o formulario de admisión poderase facer a través do anexo que se engade ou ben na aplicación admisionalumnado (http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) a través do menú Solicitudes-Reserva-Crear solicitude de reserva. Despois deberán entregalo no centro no que se atopa matriculado o seu fillo/a ou ben presentalo a través da Sede Electrónica.

Debido a situación actual, recomendamos enviar o formulario polo seu fillo/a. Se houbese algún erro dende secretaría contactariamos con vostedes para poder corrixilo.

CALENDARIO PROCESO RESERVA-ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/2022

No proceso de reserva e admisión do alumnado para o vindeiro curso 2021-2022 tomaremos o seguinte calendario para ubicar o proceso e indicar os prazos  e datas dentro do mesmo.

DATAS

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Recordade que aquel alumno que queira matricularse no centro por primeira vez poderá facelo dende o 1 ata o 10 de xullo en horario de 11:00 a 13:00 horas. 

A documentación que deberedes presentar é: 

- Formulario de Matrícula (ficheiro adxunto)

- DNI das persoas proxenitoras (fotocopia)

- Libro de vacinas (fotocopia)

- Tarxeta sanitaria (fotocopia)

- 3 fotografías tamaño carné. 

A maiores, aquelas familias que vos atopedes nalgunha desta situación deberedes presentar toda a documentación acreditativa  ben de ser alumno/a de NEAE ou sentencia xudicial derivada  se é o caso de que os proxenitores estén separados.

ADMISIÓN ALUMNADO 20-21

ADMISIÓN ALUMNADO 20-21

Desde hoxe está publicada a LISTA PROVISIONAL DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020/2021 no taboleiro de anuncios do colexio. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.

 De todos xeitos, e dada a situación de Alerta Sanitaria por COVID19, querémosvos trasladar que só tivemos solicitudes en 4º EI (3 anos) e todas elas foron admitidas. 

Forcarei, 28 de maio do 2020

REAPERTURA ADMISIÓN

Tal e como se publicou esta semana (arquivo engadido) restablécese o procedemento de admisión polo tempo que estaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio e rematará o día 18 do mesmo mes. Deberá solicitarse cita previa e cumprir as indicacións que vos trasladamos. Este proceso só lle afecta ao alumnado de novo ingreso. O alumnado do centro xa ten garantida a permanencia e NON DEBE volver matricularse.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

50º Aniversario

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario