O 17 de maio como cada ano celebramos o Día da Letras Galegas adicada no 2024 a Luísa Villalta Gómez. Dende aquí podes acceder a un vídeo para coñecela mellor.
No colexio aproveitamos o pequeno acto en memoria desta autora para facer entrega dos premios do Concurso Literario, onde nenos e nenas tanto con lemas como como coa creación de historias seguen defendendo cada día o uso do galego.
Con motivo do Día da Muller (8 M) o alumnado de Educación Infantil e Primaria elaboramos un mural vertical con información de mulleres importantes dos distintos continentes. Esperamos que vos guste tanto a vós como a nós. Seguimos avanzando cada día!
O alumnado do noso centro fixo unha pequena investigación sobre mulleres grafiteirasno mundo que crearon os seus debuxos en sinal de protesta contra a violencia de xénero.
O resultado foi unha escolma ben bonita de graffitis que decoran o patio do noso centro.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo da explicación dos mesmos así como a cantiga que preparamos para conmemorar dito día.