Skip to Content

    

 

SORTEO CESTA DE FIN DE CURSO

Boas tardes a todos e todas!

Hoxe, mércores 29 de maio sobre as 14:45, realizamos o sorteo da cesta de final de curso no cole. O sorteo foi realizado ante: o equipo directivo, un membro da ANPA do cole, os titores e titoras das aulas de 5º e 6º  e do seu alumnado.

A cesta estaba composta por: varios produtos de limpeza, varios vales de froita, varias botellas de viño, un vale da carnicería, unha bicicleta... entre outras moitas cousas. 

 

   

 

A gañadora da cesta foi Aurora Fernández Neira. Moitas felicidades! Esperemos que a disfrute.

Dende o cole queremos agradecer a colaboración a todas aquelas persoas que fixeron posible este sorteo, en concreto a ANPA do noso cole, aos proveedores do comedor e a todas as persoas que participaron na compra das rifas. Sen a vosa colaboración o noso alumando non podería desfrutar da excursión de fin de curso.

Moitas grazas a todos e a todas.

 

 



page | by Dr. Radut