Skip to Content

    

 

Novas de interese

INVITACIÓN CONVIVENCIA ESCOLAR 2023

CONVIVENCIA ESCOLAR 

Temos o gusto de invitar a todas as nosas familias a unha xornada de convivencia que se celebrará o próximo 19 de Xuño.

Aquí vos deixamos a invitación. Non o dubidedes e achegádevos a compartir con nós este día tan especial.

AGARDÁMOSVOS!

 

SORTEO DA CESTA DA EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

Boas tardes a todos e todas!

Hoxe, venres 14 de abril sobre las 14:45, realizamos o sorteo da cesta no cole. O sorteo foi realizado ante: o equipo directivo, un membro da ANPA do cole, titores das aulas de 5º e 6º xunto co seu alumnado.

A cesta estaba composta por: unha tablet, unha bicicleta, unha caixa de bacallao, varios produtos de limpeza, caixa de froita, entre outras moitas cousas. 

   

 

 O gañador da cesta foi Carlos Blanco Amboaje. Moitas felicidades! Esperemos que a disfrute.

Dende o cole queremos agradecer a colaboración a todas aquelas persoas que fixeron posible este sorteo, en concreto a ANPA do noso cole, aos  proveedores do comedor e a todas as persoas que participaron na compra das rifas.  Sen a vosa colaboración o noso alumando non podería desfrutar da excursión de fin de curso.

Moitas grazas a todos e a todas.

 

 

INFORMACIÓN SOBRE O SEGURO PARA OS EQUIPOS EDIXGAL

Na reunión de principios de setembro que tivemos cos pais/nais do alumnado de 5º curso, que este ano comeza en EDIXGAL, tratamos o tema da posibilidade de contratar un seguro para os equipos portátiles  que a Consellería de Educación proporcina ao alumnado participante no proxecto.

Dado que nesa data aínda non estaban actualizados os datos ao presente curso achegámosvos, nos seguintes adxuntos, a información para este ano académico.

Dentro dos arquivos informativos tedes hipervículos que vos guían, se así o desexades, á contratación do seguro que oferta a consellería.

 

Proxecto E-Dixgal. Educación Dixital da Xunta de Galicia

Distribuir contido


by Dr. Radut