Skip to Content

Reserva de praza para cursar 1º ESO no CPI de Mondariz

Dende o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro (ambos incluídos) está aberto o prazo de reserva de praza no centro adscrito CPI de Mondariz para o alumnado que remata 6º de educación Primaria no noso centro, CEIP Mondariz Balneario. Polo que, é necesario que presentedes a solicitude no caso de que os/as vosos/as fillos/as vaian cursar 1º da ESO en dito centro, durante o vindeiro curso escolar 24/25

Podedes facelo dunha das seguintes formas:

- Presentación electrónica a través da aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/), cubrindo o modelo ED550A e o Anexo I-bis. Para elo, é necesario que dispoñades de certificado de identidade e sinatura dixital ou Chave365

- Presentación presencial no noso centro. Neste caso, podedes solicitarnos a documentación a cubrir ou ben descargala na aplicación admisionalumnado e imprimila.



story | by Dr. Radut