Skip to Content

Día de Rosalía de Castro.

O pasado 24 de febreiro, celebramos no colexio O Día de Rosalía de Castro, unha homenaxe feita con moito agarimo á importante escritora galega.

 O alumnado danos a coñecer aspectos importantes da súa vida e recítanos uns versos do seu poema "Parece unha rosa". Ademais, podedes ver diferentes retratos da escritora empregando tres técnicas: pintura con papel seda e técnica de soplado, puntillismo e pop art.

Agardamos que vos guste!

 

SAÍDA A CORREOS.

No día de hoxe, os nenos e nenas de Primaria realizamos unha saída á oficina de Correos do noso municipio para enviar unha carta a unha persoa especial. Alí aprendimos moitas cousas sobre o funcionamiento do envío das cartas e algunhas anécdotas que nos contou Enrique, o carteiro.

 

Para ver o vídeo, clicade no archivo adxunto debaixo!

DÍA DA PAZ.

Hoxe queremos compartir con vós o traballo realizado para celebrar o Día Escolar da Paz.

A través da arte e da poesía amosamos a importancia que ten a resolución de conflitos, a convivencia e o respecto, tanto no cole coma na sociedade.

Desfrutádeo!

 

Igualdade, non violencia e paz!

Ó longo desta semana estamos a celebrar o día da Paz e, aproveitando a ocasión, queremos amosarvos un traballo feito polo alumnado do noso cole.

Para realizar este vídeo falamos, reflexionamos e compartimos ideas e coñecementos sobre aspectos tan importantes como a igualdade, a non violencia ou a paz.

 

Agardamos que o desfrutedes tanto coma nós!

BO NADAL!

Queremos felicitar estas festas a todos os nosos nenos e nenas, aos seus pais, nais e familiares. 

Xuntos estamos a facer un traballo fantástico. Gozade destas vacacións tan merecidas. 

No cole preparamos esta pequena sorpresa con moito agarimo. Esperamos que vos guste. 

Presentámosvos dúas panxoliñas "Cando é Nadal" e como todos os anos, non podía faltar, "Rodolfo o reno"

Bo Nadal e Próspero 2021

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Boas familias.

 

Durante o 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, quixemos elaborar un mural e posar xunto a el para amosar a nosa solidariedade coas mulleres vítimas de violencia de xénero.

 

Dende o noso cole dicimos: STOP VIOLENCIA!

 

 

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

O pasado venres 20 de novembro celebramos no noso cole o Día Mundial dos Dereitos da Infancia.

Para que vexades todo o que aprendemos e descubrimos sobre este día queremos amosarvos un pequeno vídeo.

Esperamos que vos guste.

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Horario de adaptación dos/as alumnos/as de 3 anos durante o mes de setembro

O horario de adaptación dos/as alumnos/ as de 3 anos durante o mes de setembro pode consultarse no arquivo adxunto.

NOTA INFORMATIVA DE PRINCIPIO DE CURSO 2020-2021

Benvidos/as ao novo curso 2020-2021

O próximo MARTES 8 DE SETEMBRO realizaranse as reunións informativas onde se vos explicará o protocolo a seguir e resolveremos as vosas dúbidas.

Distribuir contido


by Dr. Radut